O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo e candidato á secretaría xeral do partido en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, respostou sobre a fórmula acordada para a consulta previa ao Congreso. Agardo que o secretario xeral explique ese acordo á militancia. Hai algúns interrogantes que convén aclarar, sobre todo pola transparencia e por fomentar a participación, que é o que desexamos todos os sociaistas galegos, afirmou.
Asimesmo, indicou que cando isto suceda trasladará a súa opinión no partido. Cando teña algo que dicir o direi nos órganos do partido, pero en todo caso eu espero esa explicación, que estou seguro que se vai facer a través da Executiva Nacional Galega. Como saben son moi respetuoso coas formas, e cando teño que valorar un procedemento fágoo nos órganos do partido, e esa é a miña máxima, asegurou.
Gómez Besteiro insistiu en que a fórmula non se trata de que guste ou non guste, senón que os acordos aos que se chega hai que explicalos e nese sentido o máis importante neste proceso é a transparencia e fomentar a participación. Neste sentido, o socialista destacou: Nese proceso é no que vou estar hoxe en Santiago, nas principais capitais de Galicia e tamén nas comarcas, coa idea de sumar, que é o máis importante que necesitamos os socialistas, e sobre todo falar de futuro, que é o que os socialistas e a sociedade galega espera. Preguntado pola posibilidade de que haxa máis candidatos para optar á secretaría xeral do PSdeG, indicou que isto é un xogo democrático, por tanto pódese presentar un, dous, catro, cinco ou dez.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.