Noticias

Galicia intercambia experiencias con outras comunidades autónomas sobre como facer fronte aos incendios forestais

Esta xornada enmárcase dentro do 2º encontro de intercambio de experiencias entre Gobernos autonómicos sobre conservación da natureza, organizado polo Comité Español de la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza. Deste xeito, o encontro busca analizar o fenómeno dos incendios forestais, as súas tendencias actuais e os seus escenarios de futuro, aplicando unha perspectiva territorial, ademais de establecer a relación existente entre os incendios e os principais elementos asociados ao cambio global -urbanización, cambios nos usos do solo, cambio climático e desertificación-.

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, participa hoxe en Burgos na xornada “Incendios forestais: solucións compartidas”, onde está a intercambiar experiencias con outros dirixentes autonómicos sobre como facer fronte aos incendios forestais e as boas prácticas ante un lume. Alí puxo en valor o convenio de protección das aldeas fronte os incendios forestais asinado entre a Consellería do Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) como unha iniciativa “pioneira en Europa” de colaboración institucional na prevención do lume.

Na súa intervención, o representante da Consellería do Medio Rural salientou que a este convenio xa están adheridos un total de 279 concellos da nosa comunidade, é dicir, o 89 % dos municipios totais de Galicia, e que están entregados 273 plans antiincendios municipais, dos cales 216 foron xa aprobados definitivamente.

Tamén no ámbito da prevención, o representante da Consellería salientou que a Xunta desenvolve, con carácter anual, un plan específico de actuacións que, no caso do que está en vigor, prevese intervir en máis de 58.600 hectáreas de terreo e en preto de 5.800 quilómetros de pistas forestais e outras vías, cun investimento que supera os 33 millóns de euros.

Ligada a esa prevención, matizou Manuel Rodríguez, destacou tamén o papel fundamental das queimas prescritas, que realizan os profesionais do Servizo de prevención e extinción de incendios forestais. Así, lembrou que no que vai de ano téñense realizado máis de 120 queimas para actuar en máis de 600 hectáreas de superficie, eliminando combustible vexetal como requisito clave para contribuír a unha mellor defensa fronte aos lumes.

Por último, o director xeral tamén abordou a importante e necesaria formación continua entre o persoal do dispositivo de loita contra incendios. Así, subliñou que ao longo do ano se imparten unha serie de cursos -en modalidade presencial, telemática ou mixta- co obxectivo de reforzar a profesionalización dos efectivos antiincendios enmarcados nas 16 categorías existentes e preparalos de cara á eventual acreditación das súas capacidades mediante os certificados de profesionalidade relacionados cos lumes forestais.

Ademais, destacou o director xeral, a actualización de coñecementos e o adestramento do Servizo é fundamental para perfeccionar a organización e a eficiencia no traballo. Para iso, salientou, desenvólvense máis de 40 iniciativas relacionadas coa seguridade laboral, cos grandes incendios e lumes de interface urbano forestal ou co manexo de equipamentos de traballo como os equipos de comunicación Tetra ou os novos vehículos de extinción.

Intercambio de experiencias

Esta xornada enmárcase dentro do 2º encontro de intercambio de experiencias entre Gobernos autonómicos sobre conservación da natureza, organizado polo Comité Español de la Unión Internacional para la Conservación de la Naturaleza.

Deste xeito, o encontro busca analizar o fenómeno dos incendios forestais, as súas tendencias actuais e os seus escenarios de futuro, aplicando unha perspectiva territorial, ademais de establecer a relación existente entre os incendios e os principais elementos asociados ao cambio global -urbanización, cambios nos usos do solo, cambio climático e desertificación-.

Así mesmo, pretende que este espazo colaborativo entre comunidades autónomas sirva para propor e debater potenciais solucións, experiencias de éxito e estratexias viables para reducir o risco derivado dos incendios forestais, ao tempo que se busca previr e mitigar os seus efecto. Por último, outro dos propósitos que persegue é o da exploración de liñas básicas de acción territorial que permitan esbozar unha folla de ruta cara a uns territorios resilientes fronte aos incendios forestais.

R., 2023-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES