Noticias

O Observatorio do Sector Lácteo de Galicia fai balance dun eido que acumula xa 19 meses consecutivos de subas de prezos

O Observatorio do Sector Lácteo ten entre as súas funcións a de analizar a situación deste eido e as diferentes problemáticas que o afectan, así como a de recompilar datos técnicos e económicos das explotacións de vacún de leite. Tamén a de elaborar un sistema de información e os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo, como a situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado, os resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e os prezos pagados e percibidos polos produtores.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presidiu este mediodía unha reunión do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia, na que se fixo balance do bo momento que atravesa este eido produtivo, ao encadear ata 19 meses consecutivos de subas de prezos, que propiciaron unha facturación récord o ano pasado. Co gallo da reunión, o conselleiro aproveitou para apostar polo reforzamento deste órgano que se persegue impulsar no marco da Estratexia de dinamización do sector lácteo, coa presenza dos diferentes axentes implicados, así como pola remuda xeracional -coa axuda do Banco de explotacións- e polo aumento da base territorial aproveitando as figuras da Lei de recuperación e as concentracións parcelarias.

O Observatorio do Sector Lácteo ten entre as súas funcións a de analizar a situación deste eido e as diferentes problemáticas que o afectan, así como a de recompilar datos técnicos e económicos das explotacións de vacún de leite. Tamén a de elaborar un sistema de información e os índices de referencia que se consideren axeitados para o coñecemento da evolución do sector lácteo, como a situación de oferta e demanda dos produtos lácteos no mercado, os resultados da xestión técnica e económica das explotacións de leite e os prezos pagados e percibidos polos produtores.

Precisamente parte deses datos foron analizados hoxe, como os 58,8 céntimos por litro que se pagaron aos gandeiros de leite galegos en xaneiro, 0,2 céntimos máis que o mes anterior, o que supón que se acumulan xa subas de prezos durante 19 meses consecutivos. Este prezo supón un incremento de preto do 64 % respecto ao mesmo mes de 2022, cando o leite se pagou a 35,9 cts./l. Ademais, por primeira vez desde xullo de 2016, o prezo do leite en xaneiro de 2023 en Galicia situouse por riba do prezo medio do leite en Europa.

Así, estas cifras propiciaron que as explotacións galegas facturasen no 2022 pola venda de leite 1.306,3 millóns de euros, o que supón un incremento do 35,2 % respecto do ano 2021. Se lle sumamos á venda do leite as vendas de animais, as axudas da PAC, a achega extraordinaria pola invasión rusa de Ucraína e outros ingresos, estímase que a cifra chegou aos 1.568,95 millóns de euros.

As cifras tamén mostran que o rendemento medio por explotación aumentou en Galicia un 73,7 %, por riba do dato de España, que foi do 62,8 %. Isto significa que as granxas galegas son cada vez máis eficientes e incrementan a súa competitividade. Tendo en conta estes datos, o conselleiro considerou necesario reforzar o asesoramento ao sector sobre a forma de organización das explotacións desde a perspectiva de posibles esquemas asociativos, sociedades mercantís, etc.

Así mesmo, o titular de Medio Rural referiuse á Lei de recuperación da terra agraria e ás posibilidades que ofrecerá o Banco de explotacións que se porá en marcha este ano para garantir o mantemento das granxas viables pola vía do arrendamento ou da transmisión. Nese senso, tamén aludiu ás arredor de 10.000 hectáreas que se están poñendo en valor ao abeiro desta norma, a través das aldeas modelo, dos polígonos agroforestais e das permutas. Tamén ás 28 concentracións parcelarias decretadas en toda Galicia desde 2021, que abarcan máis de 22.800 hectáreas distribuídas en case 110.000 parcelas de algo máis de 16.000 propietarios, contribuíndo ao tan necesario aumento da base territorial.

Outros datos do sector

O último informe do sector lácteo reflicte tamén que se está a rexistrar un aumento progresivo da industrialización en Galicia do leite producido na nosa comunidade. Así, no ano 2021 transformouse en Galicia o 63,23 % do leite producido, avanzando cara ao obxectivo marcado pola Estratexia de dinamización do sector, establecido no 75 % para 2025.

Segundo o informe, no 2022 incrementáronse tanto os prezos pagados aos gandeiros polo leite como os dos produtos lácteos nos lineais da distribución. Neste sentido, os prezos do leite enteiro e desnatado en España aumentaron nos lineais desde decembro de 2021 arredor dun 39 % e o incremento dos prezos doutros derivados lácteos (queixos, iogures) oscila entre o 23 e o 26 %.

Polo tanto, os principais indicadores sectoriais reflicten unha situación xeral de estabilidade que permite, entre outras cousas, que Galicia continúe como líder nacional indiscutible (acumula, con 2,9 millóns toneladas, preto do 41 % da produción total española). A maiores, o leite producido en Galicia supera tamén nas súas calidades (contido en graxa e proteína) a media española. Por outra banda, a nosa comunidade segue mantendo o peso nacional en número de explotacións, representando o 56,4 % do total de España (no 2015 esta porcentaxe era do 56,2 %).

Outra dos conclusións deste informe apunta que, no contexto europeo, Galicia consolídase -con datos de 2021, últimos dispoñibles- entre as 10 principais rexións produtoras de leite dentro da UE, mantendo un crecemento constante ano tras ano que a pode levar a avanzar postos no ranking.

R., 2023-03-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando así ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
Foto de la tercera plana (autopista-ap9.jpg) A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.

Notas

'A Galicia inédita' reúne obras de profesionais do fotoxornalismo que desenvolven o seu quefacer en medios de comunicación de Galicia, complementadas con lendas de corte literario ou informativo, elaboradas por membros da APG e outros xornalistas que tamén traballan na nosa comunidade autónoma. As imaxes captan todo tipo de acontecementos, lugares e personaxes, dende a vertente máis costumbrista ata sucesos de actualidade.
Persoal investigador do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC desenvolveu unha nova estratexia para o transporte de material xenético ao interior das células mediante vesículas formadas por lipopéptidos catiónicos autoensamblables. O traballo representa un avance no desenvolvemento de sistemas non virais para terapia xénica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES