
O cómic está ilustrado por Iago Araujo e insírese no proxecto Mapas (H2020 947921), financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC), o Centro de Investigación Mariña (CIM) e a iniciativa Paleo no Barrio: ciencia de proximidade (FCT-23-19134).
Ciencia que cobra vida
As ilustracións de Iago Araujo converten o cómic nunha verdadeira expedición científica, como detallan dende Mapas Lab, que leva os lectores por un percorrido no que visitan tanto traballos de campo en terra e no mar como laboratorios de investigación guiados polos propios investigadores do grupo. A través dunha proposta visual clara e lúdica, mestúranse investigacións sobre a especialización ecolóxica ou sobre o gradiente latitudinal de biodiversidade, explicando adaptacións, migracións e extincións ao longo de millóns de anos. Tamén se abordan as conexións entre ecosistemas, amosando como os cambios climáticos influíron na evolución da vida, así como a análise de bases de datos fósiles para estudar procesos de diversificación e extinción.
Esta nova publicación, explican dende o grupo, está dirixida a centros educativos, bibliotecas e actividades de divulgación, establecendo unha ponte entre a Universidade e a sociedade e animando á infancia a interesarse pola ciencia dende moi cedo. O cómic estará dispoñible de forma gratuíta en formato dixital na web do grupo (https://paleobiogeography.org/) e en versión impresa para escolares na sede do grupo na UVigo.
A divulgación, na esencia de Mapas Lab
O grupo Mapas Lab (Macroecology, Paleoecology and Society Lab), que botou a andar en 2020, emprega paleontoloxía, bioloxía, xeoloxía e ciencias ambientais para estudar a biodiversidade ao longo do tempo. Paralelamente, moitos dos seus membros están fortemente implicados no eido da divulgación, participando en actividades que achegan a ciencia á cidadanía, como obradoiros, visitas a centros escolares, charlas e iniciativas Paleo no Barrio: ciencia de proximidad, ás que agora se suma tamén Paleonautas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.