O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou durante o almorzo informativo do Fórum Europa, organizado por Nueva Economía Fórum, que o Estado das Autonomías non debe renunciar a seguir evolucionando se vai sempre na dirección de resolver problemas reais dos seus cidadáns, pero o que é ineludible dixo- é a necesidade dun consenso amplo para afrontar novas etapas, xa sexa no terreo competencial como no do financiamento.
Feijóo explicou que o Goberno dunha soa comunidade non pode decidir o destino de todas as restantes porque iso sería tanto como crear un novo centralismo, aínda que a súa capital estivese na periferia e aseverou non ver oportunas ocorrencias sobre a reforma da estrutura territorial que só pretenden aplacar problemas internos dalgúns partidos. Neste sentido, expresou o seu desexo de que na Conferencia de Presidentes prevaleza iso que Galicia aporta ás complexas disxuntivas da España actual, e que o noso primeiro presidente Fernández Albor- chamou sentidiño.
Galicia, un modelo para os que buscan un autonomismo sosegado
O titular da Xunta asegurou que Galicia ofrece hoxe un modelo para os que buscan un autonomismo sosegado; e tamén é a proba de que o esquema autonómico pode non ser o problema senón unha parte da solución. En Galicia ponse en práctica todos os días aquel principio que Adolfo Suárez converteu en insignia da transición:
Feijóo recordou, ao longo da súa intervención, que simultaneamente á transición española, produciuse unha transición galega que engadiu á dificultade de pasar do autoritarismo á democracia, a de cambiar centralismo por autonomía. En Galicia había que realizar esas dúas transformacións ao mesmo tempo, impulsando ademais o desenvolvemento dunha comunidade carente de infraestruturas, con escasa base industrial e un forte peso agrario. Un panorama que puido ter derivado nunha Galicia conflitiva e problemática, toda vez que no económico e no social a nosa terra subíase a un tren en marcha, con comunidades moito máis avanzadas e tamén, por qué non recoñecelo, moito máis beneficiadas historicamente.
Diante desta situación, o responsable do Goberno galego destacou que, pola contra, Galicia nunca arremeteu contra ninguén por elo. Sempre preferimos dicir, en lugar de que queremos ser máis, que non queremos ser menos que ninguén, precisou, logo de confesar non entender que agora moleste en algúns territorios que Galicia reciba inversións que outros recibiron fai incluso décadas, como é o caso da alta velocidade.
Feijóo recordou, en suma, que Galicia puido converterse nunha terra rota por querelas identitarias e afastada do proxecto común español, pero non o fixo grazas a uns dirixentes capaces e que personificou na figura do primeiro presidente da Xunta, o doutor Fernández Albor.
Unha autonomía que xestiona a realidade
O responsable do Goberno galego subliñou que eses dirixentes legaron aos galegos de hoxe tres cousas importantes: unha sociedade unida, unha identidade aberta e unha autonomía que xestiona a realidade. O desenvolvemento da autonomía non levantou muros entre nós, senón que contribuíu a derribar os que había, o cal nos afasta doutra evolución alentada noutras nacionalidades históricas. O galeguismo nunca se definiu pola oposición a un inimigo exterior, senón pola súa capacidade de agrupar, aseverou.
A terceira gran herdanza desa fértil etapa da transición galega é, segundo Feijóo, unha xenuína concepción da autonomía, porque fronte á idea de que o autogoberno debe centrarse en xestionar sentimentos, os nosos pais fundadores, fixeron fincapé en vinculalo á xestión da realidade. Na nosa escala de valores, o bo autonomista non é o que escarva sen cesar na mina identitaria, buscando con denuedo conflitos cos que manter a súa revolución permanente. O bo autonomista é o que xestiona ben o interese común.
Neste aspecto, Feijóo aseverou que non se pode ser independente da realidade que padecen os cidadáns nos seus fogares. Sen embargo, -precisou- si debemos autodeterminarnos da débeda, do déficit, do paro. E é esa autodeterminación a que fixo posible que Galicia teña menos paro, menos déficit e menos débeda que a maioría das comunidades autónomas.
O titular da Xunta subliñou que é aceptando a dependencia inescusable da realidade como Galicia logrou ser a comunidade co menor déficit de toda España; que sexa a única que se axustou á estabilidade presupostaria nos últimos anos; ou que sexa a única que está en condicións de adiantarse ao resto do Estado no obxectivo de alcanzar o déficit cero para non gastar en intereses de débeda o que teríamos que investir en crecemento.
E é aceptando a dependencia inescusable da realidade como logramos que Galicia non se vexa obrigada a acudir a instrumentos de financiamento externos, nin reduza drasticamente servizos esenciais. Pola contra, a Xunta pode afrontar os seus pagos no entorno medio dos 45-50 días. Evitamos decisión como baixar, complementariamente desde a comunidade, salarios aos empregados públicos ou subir os impostos autonómicos; esquivar medidas como a subida das taxas universitarias ou o adianto do importe dos fármacos por parte dos pensionistas. Temos máis profesores por alumno. Podemos garantir a atención sanitaria gratuíta e pública para os inmigrantes. E contamos cun programa de becas universitarias máis amplas que no resto do Estado.
Así mesmo, lembrou que mentres outros se ven obrigados a pechar hospitais, en Galicia abrimos e melloramos novos hospitais públicos, do mesmo xeito que puidemos introducir máis ordenadores a máis de 40.000 alumnos ou máis idiomas a 1 de cada 4 estudantes galegos na ensinanza pública. Ou do mesmo modo que nunha lexislatura de crise fomos capaces de crear máis de 6.000 prazas públicas de garderías, residencias e centros de día.
Aceptar a dependencia inescusable da realidade permitiu, en suma, e tal e como explicou o presidente do Executivo galego, a Galicia ser a primeira en enfrontarse con toda intensidade á crise; e estou convencido que elo nos conducirá tamén a estar entre os primeiros que saen dela.
Neste senso, afirmou que parte diso se está notando na confianza que importantes multinacionais depositaron en Galicia: como Citroen, que decidiu fabricar novos modelos na súa planta de Vigo, mentres a compañía pon outras en cuestión; como Inditex ou Nestlé, que decidiron ampliar a súa presenza na nosa terra; ou como vimos coa petroleira Pemex, que converte a nosa terra na súa base loxística europea e que confía, a través da súa filial PMI Comercio Internacional, aos nosos estaleiros a construción dos seus barcos".
Así mesmo, destacou que a economía galega empeza a internacionalizarse e as exportacións das nosas empresas se incrementaron nos últimos tempos ata bater récords no último exercicio 2011.
En definitiva, Feijóo concluíu expresando o seu convencemento de que Galicia é a demostración dunha das principais leccións que nos deixa a crise: Non se poden diferenciar os países en función de si toman ou non toman medidas de axuste, senón de si as toman a tempo ou a destempo. Para mostras recentes Francia ou aquí, aínda máis cerca, Andalucía.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.