
O titular en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou o seu pesar polo falecemento de José Antonio Orza Fernández e destacou o seu traballo e entrega a prol de Galicia.
O mandatario galego en funcións trasladoulle o pésame á súa familia, no seu nome e no de todo o Goberno galego, poñendo en valor a figura de quen foi membro do Goberno galego durante 16 anos.
Feijóo lembrou o seu labor como presidente da comisión parlamentaria de Economía, Facenda e Orzamentos, no Parlamento galego, e como membro da comisión de estudo da Reforma do Estatuto de Autonomía. Así mesmo, destacou a súa función como membro da Comisión de Asuntos Europeos e relacións do Consello de Contas e, na última etapa, como conselleiro do Consello de Contas de Galicia.
O presidente en funcións da Xunta remarcou que José Antonio Orza Fernández será lembrado como unha figura de referencia na historia política da Autonomía e como responsable dunha xestión económica eficaz e rigorosa.
Más información en: http://www.galegos.info/xose-antonio-orza-fernandez
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.