Noticias

A Política Agraria Común incrementa ata uns 217 millóns as axudas en 2023 para beneficiar a máis de 25.000 agricultores e gandeiros

A nova PAC, que se aplicará de 2023 a 2027, conserva os elementos esenciais da PAC anterior, pero pasa de ser unha política baseada na descrición dos requisitos que deben cumprir os beneficiarios finais das axudas a ser unha política orientada á consecución de resultados concretos. Neste senso, búscase fomentar un sector agrícola intelixente, competitivo, resiliente e diversificado que garanta a seguridade alimentaria a longo prazo. Tamén se busca apoiar e reforzar a protección do ambiente, incluída a biodiversidade, e a acción polo clima e contribuír a alcanzar os obxectivos ambientais e climáticos da Unión, entre eles os compromisos contraídos en virtude do Acordo de París, e por último, fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resaltou que a Xunta incrementa ata os 217 millóns de euros as axudas da política agraria común (PAC) para 2023 co obxectivo de “beneficiar a 25.000 agricultores e gandeiros galegos”. Trátase dunha cifra superior á das anteriores campañas grazas -entre outros- “a que se triplican as axudas para a agricultura ecolóxica”, explicou.

Rueda subliñou que esta nova convocatoria da PAC mantén elementos esenciais das anteriores pero “reformula a súa filosofía”. “Non se centra tanto nos requisitos que hai que ter para acceder ás axudas senón na consecución de recursos concretos”, indicou. O presidente resaltou que o obxectivo é ofrecer unha PAC “adaptada aos novos tempos e escenarios do rural”.

Dos 217 millóns de orzamento global para a convocatoria deste ano, uns 170 millóns de euros correspóndense cos pagamentos directos da PAC -mantéñense con respecto a anos anteriores- e 47 millóns de euros coas medidas de desenvolvemento rural asimiladas ao Sistema integrado de xestión e control (axudas a zonas con limitación naturais, agroambiente e clima, agricultura ecolóxica e para o mantemento de plantacións forestais en terras non agrícolas), que se incrementan con respecto á convocatoria anterior.

Así, cabe indicar que no tocante ás axudas ao desenvolvemento rural sobe a partida destinada ás achegas agroambientais (ata preto de 27 millóns), destacando as destinadas á agricultura ecolóxica que se incrementan ata os 9 millóns de euros. Neste caso concreto, de xeito consensuado coas organizacións profesionais agrarias aprobouse un orzamento de 45 millóns de euros para o período completo da PAC, ao incrementarse anualmente en máis do 130 % sobre o orzamento previsto inicialmente para 2023 (de 3,9 millóns de euros) e cun aumento do 183 % na dotación en relación co destinado no 2022 (3,18 millóns). “Triplícase o orzamento para a agricultora ecolóxica, un sector cada vez con mais puxanza”, indicou Rueda.

Ademais, tamén se incrementan as axudas para extensificación das explotacións gandeiras ata chegar aos 13,65 millóns de euros. Cabe recordar que esta liña de achegas tamén contén un complemento para o pastoreo en concellos con presenza do lobo. Por último, as achegas para os pagamentos a zonas con limitacións naturais sitúanse nuns 18 millóns de euros e as forestais nos 2,25 millóns de euros.

As axudas da PAC son as máis importantes para o sector primario. Grazas a elas conséguense reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que se potencian os agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente.

Novidades da campaña da PAC 2023

A nova PAC, que se aplicará de 2023 a 2027, conserva os elementos esenciais da PAC anterior, pero pasa de ser unha política baseada na descrición dos requisitos que deben cumprir os beneficiarios finais das axudas a ser unha política orientada á consecución de resultados concretos.

Neste senso, búscase fomentar un sector agrícola intelixente, competitivo, resiliente e diversificado que garanta a seguridade alimentaria a longo prazo. Tamén se busca apoiar e reforzar a protección do ambiente, incluída a biodiversidade, e a acción polo clima e contribuír a alcanzar os obxectivos ambientais e climáticos da Unión, entre eles os compromisos contraídos en virtude do Acordo de París, e por último, fortalecer o tecido socioeconómico das zonas rurais.

Así, os principais cambios da PAC 2023-2027 con respecto ao período anterior son a introdución dos ecorreximes,compromisos anuais e voluntarios “que implican que arredor do 25 % das axudas irán encamiñadas para un conxunto de prácticas beneficiosas para o ambiente”, entre as que se inclúen o pastoreo extensivo, o mantemento dos pastos, a rotación de cultivos, a agricultura de conservación, as cubertas vexetais e as superficies destinadas á biodiversidade, segundo explicou o presidente da Xunta.

A nova PAC inclúe tamén un pagamento redistributivo, pagamento complementario á axuda básica á renda para a sustentabilidade para as primeiras hectáreas de cada explotación, destinada a favorecer a redistribución de axudas cara ás pequenas e medianas explotacións, na súa maioría de carácter familiar e profesional. Tamén se establece unha condicionalidade social das axudas que se empezará a aplicar en 2024.

A remuda xeracional é outra das apostas fortes da nova PAC, con axudas específicas para os agricultores mozos e agricultoras mozas a través do pagamento complementario das axudas directas e os fondos destinados a impulsar a primeira instalación. Por último, Rueda resaltou que “outra das novidades reside en que as mulleres que se instalen á fronte dunha explotación agraria percibirán un 15 % adicional” no complemento da axuda á renda que reciben os mozos e as mozas.

Balance campaña actual de 2022

Malia que a campaña de axudas da PAC relativas ao ano 2022 aínda non finalizou, xa que -consonte a normativa- os pagamentos poden facerse entre o 15 de outubro do ano no que se fai a convocatoria e o 30 de xuño do ano seguinte, xa se levan pagados ata a data máis de 166,65 millóns de euros, dos cales 146,49 millóns foron en axudas directas e outros 20,16 millóns en axudas para desenvolvemento rural.

Esta cantidade inclúe os anticipos do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) -quen xestiona estas axudas- e que adoita facer dentro do mes de outubro e novembro. Porén, en 2022 tamén houbo un adianto de axudas en xuño que fixeron as entidades bancarias ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural, co gallo de inxectar liquidez para paliar as dificultades do sector.

O resto dos pagamentos directos efectuaranse ao longo deste ano 2023, antes do 30 de xuño, xunto cos pagamentos das axudas de desenvolvemento rural. Ademais, cabe lembrar que, en canto aos últimos tres anos, o balance global destas axudas da PAC foi de 482,49 millóns de euros aboados (2020-2022).

R., 2023-03-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES