Actualidad de Economía

Noticias economia

Galicia acada en maio o nivel de desemprego máis baixo de toda a súa serie histórica (desde 1996), con 111.641 parados, rexistrando ademais un descenso tanto na evolución anual (-8,52) como na mensual (-3,38), en ambos casos a un ritmo superior ao reflectido na media do Estado. Trátase do segundo mínimo histórico consecutivo tras o rexistrado no mes de abril, con 115.545 persoas paradas. Ademais, acada o mellor nivel de afiliacións á Seguridade Social nun mes de maio de toda a serie (2004), con 1.094.806 persoas, e a segunda cifra histórica máis alta, rozando o máximo absoluto rexistrado en xullo de 2008 (1.094.898), cunha diferencia de só 92 persoas.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno autonómico vai aprobar unha nova medida fiscal 'que permitirá que as familias de arredor de 60.000 alumnos' desgraven na declaración da renda 'pola compra de libros de texto ou material escolar'. Tal e como explicou, a medida enmárcase no compromiso da Xunta 'en seguir ampliando o apoio ás familias con fillos en idade escolar' logo de implantar a gratuidade desde a escola infantil ata rematar a carreira e con axudas que permiten que co 70% do alumnado de etapas obrigatorias' reciba algunha achega para os gastos de mercar manuais ou material.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, apelou hoxe a traballar de xeito coordinado co Goberno central e a UE para defender os intereses das empresas galegas á espera de coñecer como queda o escenario arancelario definitivo. 'Temos que tentar reducir esta guerra comercial ao mínimo posible e tratar de negociar. Esta é a primeira cuestión na que hai que traballar de xeito coordinado coa UE e co Goberno de España', dixo. En resposta unha interpelación no Pleno da Cámara galega, Lorenzana lembrou que a Xunta vén mantendo reunións mensuais co Ministerio de Economía, Comercio e Industria, no Pleno Interterritorial de Internacionalización; en concreto, o pasado 10 de abril e 19 de maio.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional. No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%. Ademais, Galicia é única comunidade que ten alcanzado o obxectivo marcado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relativos á pobreza infantil.
A campaña é froito da colaboración entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Ten como novidade esta edición -a maiores do sorteo das 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos- o sorteo en directo entre os asistentes á entrega de premios dun premio de 3.000 euros, para gastar nunha xornada de compras na localidade elexida pola persoa gañadora. Tamén co obxectivo de acadar un impacto directo sobre os comercios e o tecido asociativo de contornas máis locais, darase continuidade á campaña Merca no teu comercio.
O emprego industrial en Galicia crece por riba da media nacional, con 21.100 persoas ocupadas máis que en 2024, o que supón un incremento con respecto ao pasado ano do 12,14 por cento fronte ao 3,16 por cento do conxunto do Estado. Galicia foi a Comunidade na que máis subiu a ocupación no sector da industria, que pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no primeiro trimestre de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica. Pola súa banda, a produción industrial medrou no que vai de ano un 4,1 por cento, superando amplamente o crecemento medio estatal, que se sitúa no 1,5 por cento.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou a importancia da participación institucional de todos os axentes sociais no deseño das políticas activas de emprego impulsadas pola Xunta a través do pulo estratéxico ao Diálogo Social, unha das liñas prioritarias da Consellería. Así o puxo de manifesto esta mañá na resposta a unha interpelación no Parlamento de Galicia.
O mercado laboral galego baixa por primeira vez das 117.000 persoas desempregadas desde que hai rexistros (1996) ao obter en abril unha cifra de paro de 115.545, o que supón unha redución nas evolucións anual (-8,54) e mensual (-3,03) que é superior en ambos casos á reflectida na media do Estado. Ademais, acada o máximo nivel de afiliacións á Seguridade Social nun mes de abril de toda a serie (2004), con 1.087.434 persoas. Galicia é a terceira comunidade autónoma na que máis descende o paro en termos relativos na comparativa anual e especificou que neste caso avantaxa ao conxunto do Estado en 2,77 puntos (-5,77). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego destacou ademais que Galicia conta con 19.099 máis en relación a hai un ano.
O novo Plan Estratéxico de Comercio de Galicia 2025-2030 foi presentado pola Xunta de Galicia a través de 74 accións que, cun orzamento de máis de 320 millóns de euros, potenciarán e incrementarán a competitividade, a visibilidade e a gobernanza deste sector, que na nosa comunidades ocupa a máis de 107.000 persoas en máis de 32.000 establecementos, o que fai que Galicia sexa a quinta comunidade de España con maior número de empresas de comercio retallista.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, convocou hoxe os principais sectores da economía galega máis expostos ao comercio con EE.UU a unha reunión que se celebrará a vindeira semana para abordar a situación derivada da política arancelaria anunciada polo país norteamericano. Nunha carta enviada hoxe aos responsables dos clústeres e asociacións sectoriais, Lorenzana emprázaos á reunión que terá lugar o vindeiro luns, 14 de abril, logo de que se celebre o Consello Interterritorial de Internacionalización, convocado por parte ministro de Economía, Comercio e Empresa, Carlos Cuerpo, este xoves coas comunidades autónomas para coordinar a resposta das diferentes administracións.
« Anterior | 4  de  384 | Siguiente »

Notas economia

Tanto a rendibilidade económica como a financeira non aparecen como factores significativos de supervivencia empresarial das empresas galegas, 'un resultado sorprendente, xa que son indicadores relevantes do éxito ou fracaso dunha empresa, polo menos cando hai unha situación normal da economía'.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este martes o documento 'Dixitalización. Galicia 2040', realizado pola súa unidade de investigación Galicia Grupo 2040. Nel destacan que a comunidade autónoma 'pode e debe tirar partido das oportunidades que achega a dixitalización, xa que conta con vimbios abondo para reducir a fenda tecnolóxica'.
Las obras consisten en la construcción de un Centro de Día y una Residencia de ancianos en el Ayuntamiento de Becerreá utilizando un sistema combinado de producción con bomba de calor y caldera de pellets.
A taxa de actividade emprendedora en Galicia situouse no 4,3% no ano 2020, segundo recolle o informe GEM Galicia 2020-21, que constata, do mesmo xeito que en anos anteriores, que o impulso emprendedor entre as mulleres (5%) é superior ao da poboación masculina (3,5%). A pandemia provocou un lixeiro parón da actividade emprendedora, ao tempo que salientou a capacidade de resilencia dos emprendedores.
Membros do Foro Económico de Galicia, encabezados polo seu presidente, Emilio Pérez Neto, e o seu director, Santiago Lago Penas, catedrático da Universidade de Vigo, mantiveron este xoves un encontro co gobernador do Banco de España, Pablo Hernández de Cos. Á sesión asistiron medio centenar de convidados, membros da entidade organizadora e representantes do sector económico galego.
Contribuír á reactivación da vida cultural, académica e económica de Pontevedra é o propósito central do programa de actividades que a Vicerreitoría do campus e a Concellaría de Promoción Económica e Universidade impulsarán nos próximos meses, ao abeiro do convenio recentemente asinado entre a UVigo e o Concello de Pontevedra para o desenvolvemento de actividades nos ámbitos da cultura, educación, deporte, medio ambiente e novas tecnoloxías.
O DOG publica unha segunda ampliación do crédito das axudas do Bono eléctrico galego, unha convocatoria que continúa aberta e que ten como obxectivo evitar os cortes de subministración nos fogares galegos con máis dificultades. Así, increméntase nun 31% o orzamento destinado, ata alcanzar 2,1 millóns de euros e, chegar así ao maior número de beneficiarios posible, máis nun contexto como o actual no que o prezo da luz bate récords diariamente.
Entre os seus proxectos actuais destacan a colaboración coa Universidade de Brasilia para o desenvolvemento de CubeSat 1U –nanosatétile–; con Egatel e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) para a dixitalización das comunicacións do sector naval a través do proxecto Shipmate; e co Instituto de Técnica Aeroespacial (Inta) para o sistema de comunicación intersatelital (ISL) da misión Anser de vixilancia da calidade das augas.
Aumentar o poder negociador dos gandeiros sobre o prezo do leite. Este é o principal obxectivo de Conta Láctea, a aplicación informática posta en marcha pola Xunta para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras. Así o expuxo o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a presentación desta app ao sector, nun acto celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.
Un informe socioeconómico para o deseño de estratexias para a creación de emprego no concello de Ourense. Así se presentou o traballo realizado por investigadores e investigadoras da Universidade de Vigo, unha análise na que se abordan 'todos os indicadores posibles para que axuden a apuntar cara un modelo de cidade que estea preparado para afrontar os retos máis inmediatos: a organización social logo da covid, a crecente e imparable dixitalización, a I+D+i ou a revolución verde'.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES