Noticias

A Xunta de Galicia prevé pechar o 2024 cun nivel de débeda pública inferior á que tiña no ano 2012

Tomando como referencia a débeda anterior ao inicio da pandemia, as Administracións públicas no seu conxunto incrementaron o seu endebedamento un 33,6% con respecto ao peche do ano 2019. A maior parte deste incremento ven motivado pola débeda da Administración do Estado, a Administración central sube un 37,3% (1.172.759 M€) e a Seguridade Social un 106% (107.136 M€). Neste período Galicia incrementou a súa débeda nun 7,4%, fronte ao 12,9% das CCAA. Galicia, despois de elevar o nivel de débeda como consecuencia da emerxencia sanitaria, volveu á senda de redución do endebedamento, que sitúa a súa ratio non só por debaixo do nivel pre-covid, senón por debaixo dos niveis do ano 2012.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a comunidade prevé pechar o ano 2024 “non só cun nivel de débeda pública inferior ao que tiña antes da pandemia, senón por debaixo dos niveis do ano 2012”, tal e como se deu a coñecer hoxe nun informe presentado no Consello da Xunta.

Os atrasos do Goberno central no pagamento das entregas a conta provocaron no segundo trimestre deste ano un aumento da ratio débeda/PIB motivado pola necesidade de subscribir pólizas de crédito cun custo financeiro de máis de 10 M€. Pero na actualidade esas liñas de crédito xa foron devoltas e non hai previsión de que se teñan que volver a empregar.

Así mesmo, Rueda indicou que “a previsión de peche do exercicio 2024 pasa por acadar un volume de endebedamento de 11.937 M€, o que supón unha redución de 233 millóns con respecto ao peche do exercicio anterior”.

Segundo os últimos datos do Banco Central que se deron a coñecer a semana pasada, a débeda pública galega “reduciuse no terceiro trimestre do ano ata o 15% do PIB” e a ratio débeda/PIB de Galicia “é 1,3 décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior”, situándose 6,3 puntos por baixo da media das Comunidades autónomas. “A débeda pública galega descendeu neste terceiro trimestre 929 millóns de euros”, apuntou Alfonso Rueda.

En comparación coas outras CCAA, a débeda galega supón unicamente o 3,6 % do total, moi lonxe da de Comunidades como Cataluña (26,7%), Valencia (17,9 %), Andalucía (12 %) ou Madrid (11,1 %), e en termos moi similares aos do País Vasco (3,3 %), Baleares (2,6 %) ou Aragón (2,8 %).

A débeda media por habitante no terceiro trimestre ascende a 6.806 euros. As Comunidades de Valencia, Murcia, Cataluña, Castela a Mancha, Baleares e Aragón están por riba da media. No caso de Galicia, a débeda per capita sitúase nos 4.481 euros por habitante, 2.325 euros menos que a media das CC.AA.

Evolución da débeda pública

Tomando como referencia a débeda anterior ao inicio da pandemia, as Administracións públicas no seu conxunto incrementaron o seu endebedamento un 33,6% con respecto ao peche do ano 2019. A maior parte deste incremento ven motivado pola débeda da Administración do Estado, a Administración central sube un 37,3% (1.172.759 M€) e a Seguridade Social un 106% (107.136 M€).

Neste período Galicia incrementou a súa débeda nun 7,4%, fronte ao 12,9% das CCAA.

Galicia, despois de elevar o nivel de débeda como consecuencia da emerxencia sanitaria, volveu á senda de redución do endebedamento, que sitúa a súa ratio non só por debaixo do nivel pre-covid, senón por debaixo dos niveis do ano 2012.

Volume de débeda

Todos estes datos, procedentes do Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) elaborados polo Banco de España, ratifican que, segundo explicou Rueda, “Galicia é a comunidade con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008”, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as CCAA.

Cómpre lembrar que Galicia elaborou os orzamentos para 2024 sen endebedamento, por primeira vez nos últimos 16 anos, e as contas para 2025 seguen a mesma liña.

R., 2024-12-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES