Notas de prensa

Presentado o Informe sobre a Economía Social en Galicia 2019

Cooperativas e Sociedades Laborais representan o 5% do PIB galego, podendo chegar ao 7% ao sumar outro tipo de entidades. Así o constata o Informe sobre a Economía Social en Galicia 2019, presentado este venres na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e que ten como obxectivo cuantificar a importancia que na Comunidade Autónoma ten todo o conxunto de familias que compoñen a Economía Social. No ano 2019, tal e como evidencia o informe, creáronse 56 novas cooperativas en Galicia, o que supuxo un crecemento do 4,1%.

Baixo a dirección de Maite Cancelo e Manuel Botana, directora e presidente, respectivamente, do Comité Científico do Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (CECOOP) da USC, o documento enmárcase “na presenza cada vez máis consolidada no panorama económico e político europeo, español e galego da Economía Social”, explican.

No ano 2019, tal e como evidencia o informe, creáronse 56 novas cooperativas en Galicia, o que supuxo un crecemento do 4,1%. “O peso do cooperativismo galego no conxunto de España, segundo o número de cooperativas inscritas na Seguridade Social, representa o 4% do total”, sinalan os autores do informe. Case sete das dez novas cooperativas activas localízanse nas provincias atlánticas e máis do 74% das rexistradas neste ano o fan baixo a figura de traballo asociado. Finalmente, o informe destaca a concentración de actividade das cooperativas en torno a tres actividades: construción; actividades profesionais, científicas e técnicas, e comercio. En total, no ano analizado, Galicia rexistra 1.390 cooperativas.

Con respecto ás sociedades laborais, a Comunidade rexistrou 79 menos con relación ao ano anterior, quedándose cun total de 1.478. A maioría das sociedades laborais galegas exercen a súa actividade nos servizos (68,3%), seguida pola industria (17,5%), construción (12,3%) e agricultura (1,9%). A súa antigüidade media é de 15,6 anos, aínda que as que operan na industria acadan os 17,3. As sociedades con máis idade atópanse en Lugo, sobre todo na industria (21 anos) e na agricultura (18,1 anos). Segundo os datos do Ministerio, as SLAB galegas representan o 5,4% do total estatal e a mesma tendencia á baixa cunha caída do 6%. En termos de emprego, a perda en Galicia foi de 312. A pesar da tendencia, no ano 2019 constituíronse 33 novas sociedades laborais, 29 no sector servizos e dúas tanto na construción como na industria.

Os 111 centros especiais de emprego son sete menos que no ano anterior, mentres que aumentan en dúas as empresas de inserción, sendo doce no último ano. 63 confrarías, 1.124 sociedades agrarias de transformación, 3.200 comunidades de montes veciñais en man común, e as catro mutuas completan o mapa da Economía Social en Galicia.

Alén da profesora Cancelo, no acto de presentación do Informe, tomaron parte o vicerreitor de Estudantes e Proxección Internacional, Víctor Arce; así como a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; xunto co decano do centro, Xoán Doldán; e o presidente do Foro pola Economía Social Galega, Celso Gándara. Dolores Álvarez, María Bastida, Manuel Botana, Maite Cancelo, M. Rosarío Díaz-Vázquez, Pilar Expósito, Rafael Millán, José Antonio Montero, Ana Olveira, Alberto Vaquero, Loreto Fernández, Miguel Ángel Vázquez Taín e Emilia Vázquez son os autores do estudo.

Universidade de Santiago de Compostela, 2021-03-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES