Noticias

A segunda edición do proxecto Fixar para continuar impulsando a través dos 'coliving' o talento emprendedor no rural galego

A través do proxecto Fixar, o Executivo autonómico busca reter e atraer o talento de emprendedores e novos perfís profesionais co obxectivo de que atopen no rural unha oportunidade para convivir e traballar, así como para seguir creando sinerxías que revirtan finalmente en beneficios para toda a Comunidade e para o territorio no que se asentan, aproveitando as posibilidades que hoxe ofrecen as tecnoloxías e a mobilidade laboral. Neste marco, en 2024 desenvolveuse o piloto da iniciativa, a primeira actuación destas características promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving rural de Europa e que conta con ampla experiencia neste ámbito.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou hoxe os espazos coliving de Anceu, situado no concello pontevedrés de Ponte Caldelas —en cuxa visita tamén participou o alcalde do municipio, Andrés Díaz—, e iSlow, ubicado no municipio de Laxe (A Coruña) e á que asistiu, pola súa banda, o rexidor do devandito concello, Francisco Charlín. Ambos centros, xunto co de Sende (Lobeira, Ourense), forman parte do proxecto Fixar, unha iniciativa pioneira para atraer nómades dixitais e fixar poboación no rural que a Xunta está a impulsar coa colaboración da Asociación Cultural Sende.

José González destacou que o modelo dos colivings está demostrando ser unha fórmula de éxito tanto para reter como para atraer emprendedores á nosa Comunidade, que atopan no rural e na Galicia non urbana un lugar idóneo para desenvolver o seu proxecto laboral e de vida, impactando nas súas contornas e impulsando así as vilas e comarcas. Por iso, sinalou, visitas como as de hoxe contribúen a afondar no seu coñecemento e difusión co gallo de potencialos no resto do territorio galego para facer fronte a retos como o demográfico ou a remuda xeracional.

Asemade, o titular de Emprego puxo en valor que tras o éxito da experiencia piloto de Fixar —desenvolvida en 2024 e na que participaron 60 emprendedores— a Xunta continuará avanzando e reforzando esta iniciativa en 2025, co obxectivo de poñer en marcha a súa segunda edición. Trátase dunha das múltiples medidas, incidiu, encadradas na estratexia global de emprendemento que impulsada polo Goberno galego e á que se destinarán máis de 32 millóns de euros neste exercicio, con especial foco no emprendemento ligado ao territorio.

Ademais, avanzou que como novidade da nova edición, se profundizará en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal, cuxa posta en marcha poida ser beneficiosa para a persoa emprendedora e para a contorna, explorando as sinerxías locais e coa propia Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta actualmente con 15 oficinas activas. José González lembrou que iniciativas como esta fixeron a Galicia merecedora do galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025 polo labor á hora de potenciar proxectos que contribúan a fixar poboación nas catro provincias.

Proxecto Fixar

A través do proxecto Fixar, o Executivo autonómico busca reter e atraer o talento de emprendedores e novos perfís profesionais co obxectivo de que atopen no rural unha oportunidade para convivir e traballar, así como para seguir creando sinerxías que revirtan finalmente en beneficios para toda a Comunidade e para o territorio no que se asentan, aproveitando as posibilidades que hoxe ofrecen as tecnoloxías e a mobilidade laboral.

Neste marco, en 2024 desenvolveuse o piloto da iniciativa, a primeira actuación destas características promovida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración xunto con Sende, entidade que xestiona no concello ourensán de Lobeira o primeiro espazo coliving rural de Europa e que conta con ampla experiencia neste ámbito.

Ao abeiro deste convenio, participaron un total de 60 persoas emprendedoras de diferentes perfís —emprendedores sociais, ilustradores, deseñadores, programadores, artistas...— que tiveron a oportunidade de realizar diferentes estadías nos coliving de Sende, Anceu e Islow. Ademais, recibiron orientación e formación en áreas como a xestión de proxectos, estratexias de emprendemento e networking e ferramentas para desenvolver os seus negocios e iniciativas desde a contorna rural. Isto permitiulles captar novos clientes, ampliar as súas redes de contactos e mellorar a súa estratexia empresarial. Así mesmo, a iniciativa permitiu consolidar unha comunidade activa que segue medrando tanto de xeito online como a través de eventos presenciais, coa celebración das denominadas Xuntanzas Fixar. Tamén se creou un mapa para identificar e estudar os proxectos participantes, co obxectivo de que sexa unha ferramenta de investigación e conexión de oportunidades no territorio ao abeiro dos mesmos.

R., 2025-01-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES