//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
A 33ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia consolidou a cita musical como referente no panorama estatal do verán. Máis de 100.000 persoas asistiron a un festival que segue a crecer en popularidade e que se sitúa como un dos piares fundamentais do patrimonio cultural da cidade. Ao longo de seis xornadas, o festival, organizado polo Concello da Coruña, programou máis de 150 de horas de música ao vivo nun total de 13 espazos da cidade, achegando así a todos os públicos as propostas musicais de máis de 75 bandas e artistas, das que un 50% son galegas e máis dun 45% contan con presenza feminina.
Afundación, a Obra Social de ABANCA, dará comezo no outono a un novo ciclo expositivo nas súas salas galegas. As propostas abranguen desde novas miradas en torno á Colección de Arte Afundación ata a primicia da mostra baseada na aplaudida serie de Netflix «O noso planeta». A Colección de Arte Afundación, o medio ambiente, o indixenismo pictórico en América Latina ou as matemáticas e a papiroflexia son algunhas das temáticas en torno ás cales xiran as mostras que se inaugurarán a partir de setembro.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán e de balde da Cidade da Cultura, di esta semana deica logo ata o ano que vén con tres concertos este xoves, venres e sábado de Marinah, De Vacas e Best Boy, respectivamente. Unhas actuacións de balde e ás 21 horas que resumen o espírito da edición de 2019, na que se apostou por darlle visibilidade ás voces femininas; ofrecer unha cocteleira de estilos variados; e servir de escaparate das tendencias musicais actuais, nacionais e galegas, como é o caso dos dous grupos cos que se pecha. Atardecer no Gaiás 2019 comeza a despedirse estes xoves, día 15, coa que foi compositora e cantante durante 13 anos do mítico grupo catalán Ojos de Brujo, Marina Abad.
O proxecto multidisciplinar 'Sonoro empeño' arranca o seu último mes de apertura en Santiago de Compostela e por el pasaron case 5500 visitantes. Como propostas vinculadas á mostra, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias. O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica na que cociñará e explicará os procedementos da súa cociña. Os asistentes degustarán os pratos elaborados e terán ocasión de conversar con el. Por outra parte, desenvolverase unha visita guiada de clausura de asistencia libre. Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición.
Máis de 100.000 espectadores asistiron desde o pasado 2 de agosto aos 66 concertos protagonizados por grupos e artistas galegos durante 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, na que este histórico encontro da cultura celta celebrou o Année de la Galice (Ano da Galicia). A actuación de Mercedes Peón pechou esta participación galega, que tivo un gran protagonismo tanto dentro da programación oficial do evento como na promovida no pavillón de Galicia en Lorient, que recibiu máis de 50.000 visitantes durante os últimos nove días. Uns 300 músicos e bailaríns dunha vintena de formacións integraron a que é unha das nosas delegacións artísticas máis numerosas dos últimos anos.
Galicia continua coa súa participación na 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, o histórico encontro da cultura celta que este ano celebra o Année de la Galice. A programación do evento conta cunha ampla representación galega na que estarán entre outros Ariel Ninas, Tiruleque Milladoiro, Do Fondo da Barra e Habelas Hainas. Nos vindeiros días será a quenda do gaiteiro galego Carlos Núñez, Xosé Lois Romero ou Mercedes Péon. Ao longo destes días tamén actuarán novamente Os da porfía, Talabarte, Xacarandaina, Habelas Hainas, Os Sin Son e Tiruleque. O pavillón de Galicia en Lorient ten como misión fomentar a difusión e o coñecemento da música e a danza galega, ao tempo que favorece a promoción de Galicia como destino cultural, gastronómico e turístico de cara ao vindeiro Ano Santo.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Cidade da Cultura, encara a súa penúltima semana con ritmos contundentes de tres bandas enteiramente femininas, con estilos moi distintos, que veñen pisando forte. O xoves subirán ao Escenario Alhambra as galegas Agoraphobia, coa súa efectiva mestura de garage, indie e punk rock. O venres será o turno das composicións rebeldes e tropicais das Kumbia Queers, mentres que o sábado volvemos cambiar de rexistro coas catalás Las Migas e o seu flamenco fresco e desenfadado. No caso de que, por motivos meteorolóxicos, as actuacións non poidan celebrarse ao aire libre na Praza Central, os concertos trasladaranse a un espazo interior no complexo da Cidade da Cultura.
A cidade da Coruña transformarase nun grande escenario cos mellores sons do panorama galego, estatal e internacional. Este martes, 6 de agosto, arranca o 33 Festival Noroeste Estrella Galicia, unha cita urbana única no noroeste peninsular, que achega durante seis xornadas unha programación musical ecléctica e de calidade para todos os públicos. Até o vindeiro domingo, 11 de agosto, máis de 75 artistas e bandas imprescindibles, como Patti Smith, The Sounds, Nathy Peluso, Belako, Paco Ibáñez, Júlio Resende, Soleá Morente ou Anni B Sweet ofrecerán máis de 150 horas de música de calidade ao vivo en espazos singulares do municipio coruñés.
Budiño é o encargado de abrir en Burela o segundo período da programación anual da Rede Galega de Teatros Auditorios. O concerto que ofrece dentro da xira de presentación de Fulgor, o seu novo traballo, será a primeira das 205 citas culturais que terán lugar entre os meses de agosto e decembro no marco deste circuíto, que durante 2019 terá promovido 554 funcións en 39 localidades das catro provincias. Con máis de 20 anos de traxectoria, trátase dunha das máis amplas e estables canles de encontro entre o público e a nova produción escénica e musical galega. En 2019 inclúe 152 compañías profesionais de teatro, música, danza, novo circo e maxia, a meirande parte delas galegas.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura abrirá ao público á noitiña coas visitas especializadas 'As Nocturnas'. O obxecto é ofrecer fóra do seu horario habitual, a partir das 21 horas, un xeito de achegarse diferente e orixinal con música e petiscos e exclusivo non máis de 30 persoas á exposición 'Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia'. A nova edición de As Nocturnas celebrarase os xoves e os venres do 29 e 30 de agosto e o 5 e 6 de setembro. Este ciclo permitiralles aos e ás asistentes ter a oportunidade de coñecer de primeira man a través de expertos os oficios e as creacións artísticas da xoiería, cestería e cerámica galega. Cada unha das visitas complementarase con música DJ e cunha degustación de petisco.
A Cidade da Cultura bota a andar hoxe o ciclo de debates escolares O valor da educación para a construción de sociedades libres, unha actividade coa que a Xunta de Galicia quere pórlle o alfinete de ouro xunto ao concerto deste venres da Orquestra de Cámara Galega á exposición do Museo Centro Gaiás 'Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra'. A mostra, que exhibe por vez primeira en Galicia o lendario cadro.
Na Biblioteca Xeral da USC consérvase o Manuscrito Guerra, unha colección de tonos humanos da segunda metade do século XVII que supón unha valiosa fonte para o coñecemento da música vocal profana para solista do barroco español. Precisamente este singular documento, unha das grandes xoias do barroco hispano, será o protagonista do concerto que a mezzosoprano Lidia Vinyes-Curtis e o arpa barroca Manuel Vilas ofrecerán o martes no Paraninfo da Universidade.
Situada na rúa coruñesa Rego de Auga, a poucos pasos de onde naceran a Real Academia Galega e as Irmandades da Fala, eríxese o histórico edificio de 1863 que alberga o novo e meirande proxecto da poeta e xestora cultural Yolanda Castaño. Logo de 25 anos dedicados á creación, divulgación e xestión cultural no eido da poesía, Castaño afronta na súa iniciativa máis ambiciosa, que promove a produción de escrita creativa e a internacionalización da literatura galega.
A quinta edición da Ourense ICC Week, a Semana das Industrias Culturais e Creativas que organiza a Deputación de Ourense, estrea unha nova vertente creativa, a moda. E faino da man de tres importantes profesionais do sector: Ágatha Ruiz de la Prada, Purificación García e Adriana Domínguez. A xornada inaugural da semana creativa correrá a cargo destas mulleres, que representan marcas de prestixio internacional.
O presidente da Deputación de Ourense asinou hoxe co alcalde de Xinzo de Limia o convenio por medio do cal a Deputación asume a xestión do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo de Limia, o que permitirá que este espazo expositivo abra as súas portas de maneira regular "poñendo a disposición do público, coa colaboración do Concello de Xinzo e da asociación "A Pantalla", un espazo expositivo único en Galicia que amosa a riqueza do carnaval".
Continúa a Tempada de Música Clásica de Afundación, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo, no Teatro Afundación de Vigo. O seguinte concerto será o 27 de febreiro cun concerto da Real Filharmonía de Vigo baixo a batuta de Jonathan Webb no que se estreará unha obra, Macaréu, encargada pola agrupación a Adrián Saavedra. Tamén interpretarán a Sinfonía nº 6 en re menor, op. 104, (Sibelius), e a Sinfonía nº 5 en re maior (Vaughan Williams).
O período expositivo de «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» producida por Afundación, a Obra Social de ABANCA, chega ao seu fin e faio cun concerto a cargo de Maria do Ceo, quen presentará o seu novo disco, A fadista. O recital será o vindeiro 1 de marzo, a partir das 19.00 h na Sala de exposicións da Sede Afundación da Coruña (Cantón Grande, 8), e as entradas xa se esgotaron.
A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela, promovido pola formación Canto D'Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho.
O vindeiro sábado 23 de febreiro Teatro do Noroeste presenta no Teatro Rosalía Castro da Coruña a súa última montaxe 'Da avaricia, a luxuria e a morte', baseada nos textos de Valle-Inclán: Ligazón, A cabeza do Bautista e A rosa de papel. Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma António e Miguel Pernas protagonizan a montaxe baixo a dirección de Eduardo Alonso.
Escenas do cambio, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, sube mañá xoves ao escenario a adolescentes galegos non actores para que vertan en Gatillo da felicidade as súas inquietudes, incertezas e conflitos vitais, baixo a análise e pescuda común entre todos eles sobre a súa perspectiva da quimérica felicidade na sociedade actual.