
Budiño é o encargado de abrir en Burela o segundo período da programación anual da Rede Galega de Teatros Auditorios impulsada pola Xunta. O concerto que ofrece dentro da xira de presentación de Fulgor, o seu novo traballo, será a primeira das 205 citas culturais que terán lugar entre os meses de agosto e decembro no marco deste circuíto da Xunta, que durante 2019 terá promovido 554 funcións en 39 localidades das catro provincias.
Para levar a cabo esta programación, a rede conta este ano cun orzamento de 1,48 millóns de euros, cofinanciado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e as entidades locais xestoras dos máis de 40 espazos asociados. Con máis de 20 anos de traxectoria, trátase dunha das máis amplas e estables canles de encontro entre o público e a nova produción escénica e musical galega. Así, en 2019 o devandito investimento destínase integramente á contratación de 152 compañías profesionais de teatro, música, danza, novo circo e maxia, a meirande parte delas galegas.
Ademais do concerto de Budiño, esta carteleira ten previstas outras oito citas para agosto. Cinco delas serán co público infantil en Foz, onde o luns 5 poderá verse Don Quixote, unha comedia gastronómica de Limiar Teatro, o martes 6 Aguratrat de Pérez&Fernández e o luns 12 Os tres porquiños de EducaTeatro Producións; na praia de Barraña de Boiro, onde o xoves 8 Larraitz Producións Artísticas representará o espectáculo Dona Barriga Verde, e en Noia, coa posta en escena de Riscando o ceo por Circo Chosco o martes 13 no Teatro Coliseo Noela.
A oferta deste mes na Rede Galega de Teatros e Auditorios complétase con outros tres concertos a cargo de Treixadura o día 8 na praza Maior do Carballiño, María do Ceo o día 10 no parque das Ánimas de Gondomar e Adhara and Ritman o día 17 na praza da Muller de Cee.
Novos espectáculos en rede
A programación intensificarase a partir de setembro, xa que a Rede Galega de Teatros e Auditorios contratou para este segundo semestre do ano 89 compañías e grupos profesionais, dos que 83 teñen a súa sede en Galicia. Moitas delas preséntanse nesta temporada coas súas novas producións, que teñen no seo deste circuíto algunhas das súas primeiras citas co público. Será o caso de Contraproducións con O electo, Chévere con Curva España, Limiar Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego con Se fosen turistas levarían gafas de sol, Odaiko con Circopeta, Pérez&Fernández con Os nenos da varíola, Producións Dispersas con Todas as marabillas do mundo, Producións Teatráis Excéntricas con Medida por medida, Teatro da Ramboia con O meu mundo non é deste reino e Sarabela Teatro con Crónicas do paraíso.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.