//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
A 12ª edición da feira Culturgal terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As novidades que ofrecerá este ano o evento foron detalladas no transcurso dun acto no que tamén se anunciou a apertura das convocatorias para a reserva de expositores e para a proposta de actividades cara ao deseño da programación artística e profesional. Entre as novidades de Culturgal 2019 destaca a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da Feira baixo os nomes Familiar (cos eixos Falar, Moverse e Descubrir), Foro e Carpa, ademais do espazo dedicado á Arte Contemporánea e a incorporación dun específico para a cultura interactiva (videoxogos, apps, etc.)
A 12ª edición da feira Culturgal terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. As novidades que ofrecerá este ano o evento foron detalladas no transcurso dun acto no que tamén se anunciou a apertura das convocatorias para a reserva de expositores e para a proposta de actividades cara ao deseño da programación artística e profesional. Entre as novidades de Culturgal 2019 destaca a redistribución espacial do recinto feiral e unha mellor adecuación dos escenarios aos contidos da Feira baixo os nomes Familiar (cos eixos Falar, Moverse e Descubrir), Foro e Carpa, ademais do espazo dedicado á Arte Contemporánea e a incorporación dun específico para a cultura interactiva (videoxogos, apps, etc.)
O Club de Letras defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Fundaméntanse, polo tanto, nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo.
Empate no Premio do Público da MIT 2019. Os espectáculos A.K.A. (also known as) de Cataluña e Jauría, dos madrileños Kamikaze, obtiveron a maior puntuación nunha edición altamente satisfactoria para todos os públicos. A estrea en Galicia destes dous espectáculos non defraudou: o excepcional nivel interpretativo de Albert Salazar en A.K.A. aumenta o palmarés deste fenómeno teatral de pequeno formato que se puido ver na Igrexa da Madalena. Aos 11 premios cos que chegou este texto que fala de cuestións de fondo social coma a islamofobia ou a crise de identidade, súmaselle este rotundo aplauso do adestrado e sensible público de Ribadavia.
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, coincide esta semana coa celebración do Día de Galicia, polo que comezará o venres e non o xoves para deixar gozar dos festexos desta importante efeméride. Ese día, os madrileños Floridablanca musicarán o solpor con temas dance funk moi setenteiros co obxecto de converter a praza exterior do complexo nunha pista de discoteca propia desa época. A banda que obtivo numerosos éxitos no circuíto indie baixo o nome de Sin Rumboevolucionou, ao longo destes anos, o seu son cara a ritmos máis evidentes das pistas de baile dos anos 70 da pasada década, con melodías de pop negro que a crítica especializada sitúa próximas a formacións que van desde Metronomy, The Weekend ou The 1975.
Solpores do Museo, o novo ciclo de concertos que traerá a Vigo unha ducia de artistas nacionais e locais de renome ao Museo do Mar de Galicia, arranca tras esgotar en día e medio as 1.800 entradas dos seis concertos. O ciclo consta de seis citas musicais que se celebrarán de balde durante este verán, sendo Baiuca e Presumido os encargados de poñerlle sintonía ao solpor na primeira das seis citas programadas ata finais de agosto. Completan o cartel artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai.
A igrexa de Santa Liberata, a de Santo Estevo de Chouzán, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, a catedral de Tui, a capela do antigo colexio-instituto da Fundación Fernando Blanco, o pazo do Faramello, a igrexa de San Miguel de Lebosende e o mosteiro de Santa María de Penamaior, son os espazos patrimoniais, civís e relixiosos nos que se poderán escoitar agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como o grupo Cantaderas, que mestura música vocal da Idade Media con outras procedentes da tradición oral e que abrirá a programación o 1 de setembro. Xunto con Cantaderas, o Dúo Fracanapa, Michael Schöch, Mateo Arnáiz, Rosalía Gómez Lasheras, LUnisoni e Capella des Ministrers son os artistas e agrupacións que forman parte do programa musical.
Castelao grafista é unha proposta que reúne unha ampla selección de materiais das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao, na que se poden atopar textos, ilustracións, deseños, fotografías ou publicacións coas que achegármonos á rica e poliédrica figura do rianxeiro. Na inauguración participaron, ademais do conselleiro, o presidente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Álvaro Torrente; e o comisario da mostra, Miguel Fernández Cid. A exposición, s e comisariada por Miguel Fernández Cid, forma parte dun amplo proxecto divulgativo sobre a figura de Castelao para dalo a coñecer por medio dos Instituto Cervantes e dos centros do Ministerio de Asuntos Exteriores en máis de 110 cidades dos cinco continentes.
No decorrer do acto entregáronse os premios Insua dos Poetas, que este ano recaeron na xornalista e escritora María Solar, na catedrática María Victoria Carballo-Calero, en Radio Carballiño, no Centro Galicia de Bos Aires, na Asociación de Veciños da parroquia de Madarnás, no grupo empresarial Cer&Ber e na asociación fotográfica Os Potiños. Desde 2009 a Festa da Palabra homenaxeou a figura de Ramón Piñeiro (2009), Arturo Baltar (2010), Xosé María Díaz Castro (2011), Celso Emilio Ferreiro (2012), os poetas do Rexurdimento (2013), Eduardo Blanco Amor (2014), Francisco Luis Bernárdez (2015), Pura e Dora Vázquez (2016), Carlos Casares (2017) e Víctor Campio Pereira (2018).
Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Cidade da Cultura, comezará esta semana coa forza dos ritmos e das letras de Miss Bolivia, alcume artístico de Paz Ferreyra. Esta arxentina fusiona cumbia, hip hop, dance, reggae ou funk para darlle visibilidade con ritmos de baile a problemas sociais, facendo especial fincapé na igualdade e na emancipación da muller. O ciclo retómase o venres 19 con Ladilla Rusa, dúo de xornalistas que cataláns garanten diversión tanto nos seus ritmos de electropop costumista arrabaldeiro, como nas súas letras ateigadas de ironía e retranca. Pechará os solpores musicados desta semana Betacam, novo proxecto de Javier Carrasco.
Regresa á cidade da Coruña o espectáculo The Hole. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento deu a coñecer que o Coliseum acollerá do 28 de febreiro e até o 3 de marzo diversas representacións de The Hole Zero, Nesta ocasión, a acción sitúase nos anos 70 e 80, concretamente, na noite de Fin de Ano de 1979. Será un evento de cabaré, música, circo e humor moi diferente ás anteriores presentacións da saga na cidade.
Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade, contempla actividades para todos os públicos.
En 1993 o Camiño de Santiago foi declarado Patrimonio da Humanidade e nestes 25 anos cambiaron moitas cousas e non todas para ben. O mellor valor da cidade é unha imaxe de marca internacional baseada no patrimonio, material e intanxible, excepcional de Santiago. O seu éxito cambiou e cambiará aínda máis a cidade e as súas xentes, xerándolles problemas debidos á presión do turismo de masas e a que os veciños se ven desbotados destas tendencias.
O cuarteto de Austria Vienna Clarinet Connection será o encargado de pechar a XII edición do Festival Internacional de Música de Ourense "Pórtico do Paraíso" e compartirá cartel con outras agrupacións procedentes de Galicia, España, Italia, Suíza e Reino Unido, convertendo do 15 ao 24 de marzo a provincia de Ourense na capital da música clásica de Galicia con carácter internacional. Este evento cultural foi presentado no Pazo Provincial da Deputación de Ourense.
O vindeiro 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, unha celebración promovida pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega). Coma en edicións anteriores haberá distintas actividades por toda a xeografía galega. E unha desas actividades vai ter lugar no Concello de Cospeito, concretamente no Museo das Aves de dito concello.
O patrimonio cultural da provincia volve a ser a imaxe da Semana das Industrias Culturais e Creativas, "Ourense ICC Week" que organiza a Deputación de Ourense e que nesta quinta edición centra a súa imaxe no Xadrez de San Rosendo, oito misteriosas pezas de cristal conservadas na Catedral de Ourense e que constitúen un dos vestixios máis antigos deste xogo en toda Europa.
Este sábado, no Paseo dos Soños de Vilalba vaise erixir o Hectómetro Literario correspondente a Alfonso Blanco Torrado, crego e promotor cultural, que desde a súa chegada de Ponteceso a Guitiriz hai máis de corenta anos, revolucionou a cultura da Terra Chá, dando vida a incontables iniciativas entre as que destaca con luz propia o Festival de Pardiñas. Intervirán persoeiros das letras e da cultura, xente de Xermolos, a alcaldesa de Guitiriz e o Alcalde de Vilalba, o gaiteiro Raul Galego e o cantautor Miro Casabella.
O vindeiro venres, 8 de febreiro, a partir das 20 horas terá lugar a presentación do libro Campos de Batalla, de Sonia Arias López no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba. Presentación que está organizada por Culturalia GZ en colaboración co Concello de Vilalba.
A Exposición CROMATOPÍA desenvólvese coma un relato emocional no que o escenario de cor-espazo provoca que poidan coexistir distintos cronotopos que se artellan e relacionan na trama textual e cromática, creando unha atmósfera especial e un determinado efecto nas emocións dentro dun diálogo entre a obra e o espectador. Destaca a busca da artista orientándose cara a novas dimensións emotivas e concenptuais, afastándoa da realidade sen deixar de concebila.
O concello de Ortigueira presentou en FITUR o Festival do Mundo Celta, acompañados por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia. A cita de 2019, que chega ao seu 41º aniversario, celebrarase do 11 al 14 de julio. O acto tivo lugar no stand de Galicia 9C07 da Feira Internacional de Turismo (Madrid). Nel presentouse o cartel oficial do festival, o avance da programación 2019 e proxectouse o vídeo resumo da edición anterior.