Noticias

'Atardecer no Gaiás' converterte a praza da Cidade da Cultura nunha pista de baile co dance funk de Floridablanca

Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos do verán da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura, coincide esta semana coa celebración do Día de Galicia, polo que comezará o venres –e non o xoves– para deixar gozar dos festexos desta importante efeméride. Ese día, os madrileños Floridablanca musicarán o solpor con temas dance funk moi setenteiros co obxecto de converter a praza exterior do complexo nunha pista de discoteca propia desa época. A banda –que obtivo numerosos éxitos no circuíto indie baixo o nome de Sin Rumbo–evolucionou, ao longo destes anos, o seu son cara a ritmos máis evidentes das pistas de baile dos anos 70 da pasada década, con melodías de pop negro que a crítica especializada sitúa próximas a formacións que van desde Metronomy, The Weekend ou The 1975.

Desde o escenario Cervezas Alhambra –patrocinadora do ciclo– os madrileños despregarán, ás 21 horas, temas ateigados de hedonismo e nocturnidade para convidar a bailar sen complexos. Tomaranlles o remuda ao día seguinte, na praza exterior da Cidade da Cultura, os lucenses Berta Franklin con ritmos provenientes do soul americano clásico.

Escaparate de bandas galegas

Todos os compoñentes desta banda de Lugo teñen unha ampla bagaxe noutras formacións. Así, o grupo está formado por Marcos Vigo (voz e guitarra), Simón Cuba (batería), Jesús Iglesias (guitarra), Juan Castro (teclados) e César Lopez (baixo) e veñen de grupos como Oh! Ayatollah, Postergel, Ian o Kimuru.

En Berta Franklin, todos eles teñen moi clara a traza musical do seu proxecto e acadan un son propio e coidado, que non se limita ao soul-blues americano clásico –no que se atreven a versionar con moito talento e acerto Sleep Walk de Santo & Johnny– senón que amplían a estilos novos, que a banda despregará neste Atardecer no Gaiás do 27 de xullo.

A súa factura musical de primeiro nivel tenos levado a tocar en numerosos festivais, a pesar da súa curta traxectoria, xa que estes cinco compoñentes uníronse tan só fai un ano baixo este nome, homenaxe á afamada asasina do mítico cantante de soul Sam Cooke. No entanto, xa contan cun repertorio amplo e novos temas, que foron compoñendo ao longo destes doce meses de vida e que se poderán escoitar en primicia na praza exterior da Cidade da Cultura.

Estes dous concertos forman parte das 20 actuacións que, con entrada de balde, compoñen Atardecer no Gaiás, que se celebrará na praza central da Cidade da Cultura ata o 17 de agosto. Esta edición continúa a darlle visibilidade aos ritmos que triunfan na actualidade entre a xente máis nova, e tamén as formacións galegas emerxentes co obxecto de que o ciclo tamén supoña un escaparate da calidade musical de Galicia.

R., 2019-07-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES