Notas de prensa

'Oito nacións, unha cultura' será o eslogan do Festival de Ortigueira

O concello de Ortigueira presentou en FITUR o Festival do Mundo Celta, acompañados por Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia. A cita de 2019, que chega ao seu 41º aniversario, celebrarase do 11 al 14 de julio. O acto tivo lugar no stand de Galicia 9C07 da Feira Internacional de Turismo (Madrid). Nel presentouse o cartel oficial do festival, o avance da programación 2019 e proxectouse o vídeo resumo da edición anterior.

Interviron Juan Penabad, alcalde de Ortigueira, Alberto Balboa, coordinador do festival, e Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia.

Nava Castro, referiuse ao Festival como un dos eventos que poñen en valor o mellor da nosa cultura. “Resulta imposible entender la historia de los gallegos sin tomar como fuente de inspiración relaciones entre los pueblos con pasado Celta” e destacou a función do festival para poñer en valor o lugar de Galicia no mundo Celta. Tamén aproveitou para felicitar aos organizadores do Festival, por manter viva esta cita “que enriquece Galicia y enriquece a quienes nos visitan” e animou a todos a que asistan a “una de las mejores fiestas de nuestra comunidad”.

Alberto Balboa, deu un avance da programación 2019, adiantando agardados concertos como Gwendal (Bretaña) soves, Moving Hearts (Irlanda) venres, Shooglenifty (Irlanda) e Flook (Escocia) o sábado. E tamén naturalmente a Escola de Gaitas de Ortigueira, fundadora do festival (venres) xunto cos galegos Anxo Lorenzo Band (venres), Tanxugueiras, O Fiadeiro e Leilía (domingo). Iguamente, explicou polo miúdo a programación del festival no teatro, la versión en interior del festival, que se celebra a lo largo de todo el año.

Juan Penabad, pechou o acto facendo referencia ao deseño e orixinalidade do cartel, obra dun ilustrador ortegano, á filosofía e slogan desta edición, todo baixo o significado de unión cultural de 8 nacións e a internacionalización que supón. Por todo elo, “Ortigueira se convertirá entre el 11 y el 14 de julio, en la capital mundial de la cultura celta”.

Finalmente, destacou como valores fundamentais deste ano a mirada a Europa, a aposta por la igualdade entre homes e mulleres tamén no Festival, e o aproveitamento e promoción dos recursos propios.

Tanto o cartel desta edición como as pezas audiovisuais están baseados en todos os nexos culturais comúns, especialmente a música, entre as 8 nacións celtas. Baixo o slogan #OitoNacionsUnhaCultura #OchoNacionesUnaCultura #EightNationsOneCulture.

As 8 nacións, Galicia, Asturias, Escocia, Irlanda, Bretaña, Gales, Cornualles e a Illa de Man, aparecen no cartel e no spot desta edición, respondendo á chamada a xuntarse en Ortigueira por parte de Breogán, que representa a Galicia. Este ano, haberá representación de todas elas nas actividades do festival, convertendo á localidade coruñesa durante eses días na capital mundial da música e da cultura celta.

Festival de Ortigueira, 2019-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES