Noticias

Ponse en marcha o 'Club de Letras', unha iniciativa para fomentar as competencias lingüísticas do alumnado

O Club de Letras defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Fundaméntanse, polo tanto, nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo.



A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional porá en marcha o vindeiro curso o Club de Letras, unha iniciativa que nace co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, tanto orais como escritas, do alumnado das etapas de Primaria, Secundaria e Bacharelato a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e o pensamento crítico.

Os centros interesados dispoñen de prazo ata o 30 de setembro para acollerse a esta convocatoria do programa de innovación educativa Club de Letras, co que se busca ofrecer oportunidades que fomenten un desenvolvemento integral do alumnado acorde ás necesidades da sociedade actual.

O Club de Letras defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Fundaméntanse, polo tanto, nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo.

No caso da educación primaria, a iniciativa achegarase a estes eidos do coñecemento fundamentalmente a través da escritura creativa, a exploración e creación artística, a lectura reflexiva e fomentando, de ser posible, unha achega lúdica e dinámica. Na educación secundaria e bacharelato procurarase unha visión transversal e interrelacionada das manifestacións literarias e artísticas, abordar perspectivas filosóficas e/ou históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade de fomentar competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.

Toda a actividade que se realice partirá dunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas de xeito transversal. Para o curso 2019/2020 a Consellería escolleu a igualdade, co fin de que as persoas participantes contribúan desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade ou representación das mulleres ao longo da historia.

Solicitudes

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina un total de 30.000 euros a esta convocatoria. Cada centro recibirá unha achega económica de 1.000 €, polo que poderán participar en total 30 centros que impartan ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Os centros que desexen tomar parte do Club de Letras deberán presentar a solicitude correspondente e máis unha breve descrición do proxecto que se vai desenvolver no curso 2019/2020. O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de setembro de 2019.

O club deberá estar formado por alumnos e docentes e un destes últimos actuará como coordinador. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, poderá desenvolver o Club de Letras de diversas maneiras: fóra do horario lectivo do alumnado, dentro das materias correspondentes de forma transversal ou a través de obradoiros. En calquera caso, o tempo dedicado a esta actividade deberá chegar a, polo menos, unha media de catro horas ao mes.

R., 2019-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES