Notas de prensa

Pablo Milanés, Antonio Orozco ou Enrique San Francisco encabezan o programa do Auditorio de Ourense do primeiro semestre

Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade, contempla actividades para todos os públicos.

Pablo Milanés, Bustamante, Antonio Orozco ou Coti, no panorama musical, así coma o monologuista Enrique San Francisco, son algúns dos nomes que pasarán, durante o primeiro semestre do ano, polo Auditorio de Ourense. A presentación da oferta cultural deste espazo, “un dos máis activos e dinamizadores da vida cultural desta cidade”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, contempla actividades “para todos os públicos, todos os gustos e sensibilidades”, afirmou o rexedor.

Entre os máis de 60 espectáculos previstos, moito talento ourensán: Como mostra, os nomes propios desta mesma semana: a bailarina Nuria Sotelo con A Gala (xoves 14, 20:30 horas) e o cómico Moncho Borrajo co seu novo espectáculo, Borrajo perdido (sábado 16, 20:30 horas).

Pechará a oferta da fin de semana o espectáculo para público infantil Facendo o indio, dos Galitoon (domingo 17 ás 12:00 horas).

Outros nomes recoñecidos na nosa cidade para esta primeira parte da tempada son os da cantante Silvia Alonso, que volve con Steps, a dramaturxia de Tito Asorey e Melania Cruz con O empapelado amarelo; unha nova edición da MITEU, do 29 de abril ao 10 de maio, ou o concerto de homenaxe á Coral de Ruada, no ano do seu centenario.

Artes escénicas

É unha das actividades estrela deste espazo cultural, e amosará unha escolma das mellores producións teatrais do momento, tanto de compañías galegas como nacionais: Ítaca Teatro, Redrum Producciones, Teatro do Noroeste ou os portugueses Cinema Sticado, cunha novidosa posta en escena que mestura o teatral e o audiovisual, son algúns dos nomes propios. A danza tamén ten o seu lugar privilexiado nesta programación, cos espectáculos de Fran Sieira ou Daniel Abreu, dous referentes do panorama internacional.

Por outra banda, musicais coma os de Schreck ou El Rey León, a finais de marzo, ou o tributo á banda Queen, serán algunha das fortes apostas que mantén o Auditorio de Ourense polos espectáculos dirixidos ao público familiar.

Infantil

“Se de público infantil falamos, coido que a oferta desta Concellería de Cultura é sinxelamente espectacular”, afirmaba Vázquez Abad na rolda de prensa. “Desde as idades máis tenras, grazas aos espectáculos para bebés dentro do programa Apego, ata a clásica cita dos domingos ás 12 da mañá”, onde se poderá gozar dun compendio de monicreques, maxia, danza, ou música, por non falar de que todas estas disciplinas se xuntan, a miúdo, no mesmo espectáculo”.

En definitiva, “unha oferta que pola calidade, pola cantidade e pola diversidade dos espectáculos programados, merece un lugar privilexiado na nosa axenda”, dixo.

Concello de Ourense, 2019-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES