Presentación do libro 'Campos de Batalla', de Sonia Arias López en Vilalba
O vindeiro venres, 8 de febreiro, a partir das 20 horas terá lugar a presentación do libro Campos de Batalla, de Sonia Arias López no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba. Presentación que está organizada por Culturalia GZ en colaboración co Concello de Vilalba.

Esta obra, editada por Angels Fortune, supón a segunda incursión da autora natural de Paradela no xénero poético, despois da publicación, coa mesma editorial catalá, de Parque de atracciones.
Neste segundo poemario, Sonia Arias diversifica a súa temática e tenta amosar a madurez creativa da escritora.
Na presentación en Vilalba de Campos de Batalla participarán, ademais da propia autora do libro, a escritora RocÃo López Núñez, o profesor e escritor José Carlos Ulloa GarcÃa e Martiño Maseda, escritor e administrador de Culturalia GZ.
Culturalia GZ, 2019-02-04
Actualidad

EuroPCom, a Conferencia Europea de Comunicación Pública, é a maior reunión anual de expertos en comunicación pública de Europa organizada polo Comité Europeo das Rexións en colaboración coa Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello, o Banco Europeo de Investimentos, o Comité Económico e Social Europeo e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. O evento ofrece unha plataforma para explorar as últimas tendencias, iniciativas e ideas no ámbito da comunicación pública. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou nesta Conferencia organizada polo Comité Europeo das Rexións, e celebrada baixo o lema 'Máis alá das palabras. Unha historia de confianza'.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de Ben de Interese Cultural da Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mÃnimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta distinción, que se suma á de Festa de Interese TurÃstico Internacional acadada en 2007, chega tras o visto e prace a este decreto por parte do Consello da Xunta este pasado luns, 30 de xullo, e logo de completarse o expediente administrativo, no que constan os dous informes preceptivos dos órganos consultivos favorables.