
Agora actúa en solitario e baixo o nome artístico de Marinah para traer ao Escenario Alhambra cancións rumbeiras que se desenvolven comodamente entre o flamenco, a rumba, o reggae e o flamenco; e tamén entre os estilos afros e de música latina.
Toda unha cocteleira de estilos coas que esta solvente cantante convidará ao baile, a través de letras feministas e cheas de sororidade, nas que reivindica sen pausa, pero bailando derrubar clixés e prexuízos de xénero, de razas e tamén de mestura de sons e ritmos nos que non falta nin a cumbia, nin o hip hop, nin o trap.
Grupos galegos para o peche
A semana de peche do ciclo terá continuidade o venres coas De Vacas. Este cuarteto galego composto polas vocalistas Paula Romero, Inés Salvado, Faia Díaz e o guitarrista Guillerme Fernández despregarán na praza exterior da Cidade da Cultura o seu abano amplo de brillantes versións melódicas, e en galego, de hits internacionais e de todos os estilos.
Coñecidas polas súas versións retranqueiras de Beyonce, Marta Sánchez ou Luis Fonsi, de xeito recente fixeron viral nas redes sociais a versión na que puxeron en conexión o Malamente da cantante catalá Rosalía cun poema da escritora galega máis universal, Rosalía de Castro, co tema Rexurdimente. Todos estes temas poderán escoitarse no penúltimo Atardecer no Gaiás deste ano, no que vai ser difícil non sumarse en coro aos retrousos de cancións tan populares e coñecidas.
O soul, o jazz e o bluegrass de Best Boy será o alfinete de acougo preciso para o ciclo, no que predominaron os ritmos de baile. A banda de Tui transmite coas súas composicións calma e repouso para acompañar o agocho do sol do sábado desde a Cidade da Cultura. Unha boa onda a que transmiten os seus temas que suporá un peche axeitado aos 20 concertos deste Atardecer no Gaiás, que compuxeron desde o 4 de xullo e ata este 17 de agosto, unha banda sonora ecléctica para os solpores deste verán.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.