
O proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» arranca xa o seu último mes de apertura no Centro Obra Social ABANCA en Santiago de Compostela e por el pasaron case 5500 visitantes. Como propostas vinculadas á mostra, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias en Santiago de Compostela.
O chef Pepe Solla ofrecerá unha demostración gastronómica o vindeiro 11 de setembro, a partir das 19.00 h, no Centro Obra Social de ABANCA (pr. de Cervantes). As entradas para asistir poderanse adquirir a partir de mañá 6 de agosto na web Ataquilla.com. Neste exclusivo encontro, o recoñecido chef que posúe unha estrela Michelín cociñará e explicará os procedementos da súa cociña. Os asistentes degustarán os pratos elaborados e terán ocasión de conversar con el. Por outra parte, o 13 de setembro desenvolverase unha visita guiada de clausura ás 18.30 h de asistencia libre.
Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e trasladar a actividade cultural fose dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.
A EXPOSICIÓN
A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luís Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás Coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de mostrar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.