
A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela, promovido pola formación Canto D'Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, da Casa de Rosalía (Fundación Rosalía de Castro) e do Concello de Santiago de Compostela, explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa de presentación desta iniciativa cultural enmarcada nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coa que a Xunta de Galicia promove as relacións cos países de fala portuguesa, destacou.
Acompañárono na rolda de prensa Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro; Jaime Torres, integrante do grupo portugués Canto D'Aqui; Branca Novoneyra, concelleira compostelá de Acción Cultural; e Casiano Mouriño, director da Banda Municipal de Santiago.
5ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza
A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora nesta 5ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza, que se celebrará do 17 ao 24 de febreiro para renderlle tributo á autora galega máis universal na semana do Día de Rosalía, coa participación de Uxía, da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada, da Banda Municipal de Santiago de Compostela, de Henrique Barreto Nunes, de Eduardo Maragoto, de Adriana Moreira, de Liliana Macedo, de Primo Convexo, de Daniel Paredes, de Artur Caldeira, de Canto D'Aqui, de Carlos Pazos, de João Veloso, de Iria Estévez, de Espiral Trio Celta, de Poesis, de Vudú e de Malasombra Producións.
A semana cultural abriuse onte en Braga coa inauguaración da mostra Letras Galegas na biblioteca Lucio Craveiro, que se poderá visitar ata o vindeiro 28 de febreiro. Pasado mañá, domingo 17, o Espaço Vita bracarense acollerá o concerto Convergências no Rio Minho, dan man da Banda Municipal de Santiago de Compostela e Canto D'Aqui. O luns 18, a Casa dos Crivos acollerá a presentación do filme Dhogs. O martes 19 celebrarase a 1ª Noite do Fado Convergente en Braga, coa participación de Adriana Moreira, Iria Estévez, Liliana Macedo, Artur Caldeira e Daniel Paredes. Xa o venres 22, o Teatro Sá de Miranda acollerá a representación de D.E.P. (Descanse en paz), da man de Malasombra Producións, e o sábado 23 o concerto central da galega Uxía, con Celina da Piedade como artista convidada, no Theatro Circo bracarense.
Parellamente, Galicia acollerá na fin de semana do día grande de Rosalía, na capital galega, o concerto de Primo Convexo na Gentalha do Pichel, o venres 22, e o de Tributo a José Afonso no Teatro Principal, o sábado 23; e en Padrón, o concerto de peche de Tributo a Rosalía de Castro no auditorio da Casa de Rosalía, da man de Canto D'Aqui e Iria Estévez.
A programación desta nova edición volverá combinar espectáculos de sala, funcións de rúa, instalacións, música e propostas participativas arredor do mundo dos monicreques, con compañías galegas como Tanxarina Títeres, Títeres Alakrán, Babaluva, Mircromina, Trécola Producións, Troula Animación ou Bico de Toupa, xunto a formacións chegadas de diferentes puntos do Estado e de países como Francia, Italia, Portugal, Uruguai ou Arxentina. Entre as montaxes destacadas figura A Biblioteca Galáctica contra IA Fantástica, de Tanxarina Títeres, recoñecida nos Premios María Casares 2026, ademais de propostas premiadas como Gloria Bendita, de Arteria Producciones, ou Érase unha vez
dous pés!, da italiana Teatro dei Piedi.
Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.