
O vindeiro sábado 23 de febreiro ás 20:30 horas Teatro do Noroeste presenta no Teatro Rosalía Castro da Coruña a súa última montaxe 'Da avaricia, a luxuria e a morte', baseada nos textos de Valle-Inclán: Ligazón, A cabeza do Bautista e A rosa de papel, as entradas están á venda nas canles habituais.
Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Inma António e Miguel Pernas protagonizan a montaxe baixo a dirección de Eduardo Alonso. Sobre o escenario están tamén os músicos Bernardo Martínez quen asina tamén a composición- , Xan Casas e Felisa Segade, cantante de Leilía que pon voz ás cancións do espectáculo enchendo a escena de emoción-.
Un espazo escénico sinxelo e baleiro outorga toda a forza aos textos do autor vilanovense. A aposta da compañía é a de renderse ao teatro puro, contundente e rotundo a reflexión sobre os textos levounos a concibir un espazo escénico baleiro, desprovisto de elementos e maquinaria. Un teatro nú no que cada peza se relaciona estéticamente cun elemento primario: vento, terra ou lume, afirma o director da montaxe Eduardo Alonso.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.