Actualidad de Galicia

Foto de la noticia destacada (doazons-3.jpg) Galicia volve bater o seu propio récord con 429 transplantes e 143 doadores de órganos durante o ano 2025. Da cifra total de transplantes do pasado ano, 229 foron de ril, dos que 22 procedían de doadores vivos; 116 de fígado; 7 de páncreas; 26 de corazón e 51 de pulmón. Estes 429 transplantes beneficiaron a un total de 420 pacientes, tendo en conta que algúns casos foron de transplantes multiorgánicos. Os transplantes pancreáticos, que son os máis complexos, experimentaron a maior subida: incrementáronse un 75 % con respecto ao ano anterior, desde os 4 realizados en 2024 aos 7 de 2025.

Opinión

OpinionEn certa ocasión e en terras de Vilaronte morreu a avoa da casa, unha muller que xa superaba con moito os 90 anos de idade. Naqueles tempos aínda non existían os tanatorios, polo que os cadáveres eran velados nas casas e a capela ardente preparábase no lugar mais cómodo da casa para recibir as condolencias de vec...
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto del resto de noticias (20260115-xunta.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo este mediodía unha reunión con representantes das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema. Esta xuntanza enmárcase nos contactos permanentes que se veñen establecendo cos produtores da nosa comunidade e súmase ás mantidas con anterioridade, como a de onte en Ourense ou a do pasado 5 de xaneiro, co fin de coñecer as súas demandas e defender os seus intereses ante o novo acordo entre a Unión Europea e Mercosur. Seguindo esta liña, mañá venres está convocado o Consello Agrario.

Notas de Galicia

O día 6 de febreiro o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Nela alumnado e persoal docente e investigador das diferentes titulacións e campus da UVigo presentará traballos realizados no marco da programación de grao, posgrao e doutoramento, como traballo fin de estudos, teses ou proxectos de innovación docente.

Opinión

Buscador de Opinión

Actualidad de Galicia

Foto de la tercera plana (sociedade-xente.jpg) A Consellería de Sanidade vén de publicar, na súa páxina web, o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana dúas do ano, que rematou o 11 deste mes, no que se sinala que a actividade gripal en Galicia rexistra unha intensidade baixa con tendencia decrecente. Respecto da semana anterior, a taxa de consultas por gripe descendeu un 4 % e fica en 72,7 consultas por 100.000 habitantes. Con todo, só se observou unha diminución da taxa de consultas no grupo de 20 a 59 anos, do 7,8 %. No caso do grupo de 5 a 19 anos rexistrouse unha suba do 13,9 %. O grupo coa maior taxa de consultas continúa a ser o de 0 a 4 anos, con 99,3 consultas por 100.000 habitantes.

Notas de Galicia

O IGFAE-CESGA Quantum Computing Lab será unha nova unidade conxunta de investigación en tecnoloxías cuánticas aplicadas á física de partículas e nuclear. A sede do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías acolleu a sinatura do convenio para a creación desta unidade coa que o IGFAE e o CESGA reforzan, como centros de referencia nos seus campos de traballo, a súa alianza estratéxica na investigación e o desenvolvemento da computación cuántica.

Cuarenta años no es nada... (por Antonio Esteban)

Foto de la noticia destacada (lazare.jpg) ¿Lázare? ¿Lázare? ¿Lázare?
¿Por qué, Lázare, por qué?
Porque viene de mi abuelo
y otra cosa yo no sé.
ver todas

Humor

Humor Sabela Arias HumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorHumorMillán M.
 

 
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES