Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A inxeción da morte

Rodríguez, Xerardo - martes, 18 de noviembre de 2025
Guillermo e mais eu viñamos de pasealo Tambre, po la beira que seguen os pescadores de troitas, entre xuncos e fentos de humidais, escoitando o falar dos corvos nas leiras xa limpas de millo, entre Oca e Lens...

As arbres nadaban no río e formaban un cadro mais de primaveira que de outono, pola coor que provocaba o sol raso na auga, mentres os corvos veña berrar, uns ós outros e tamén a nos, ó noso paso polo muiño vello, que a mín dame arrepío porque houbo alí varias mortes nunha de esas crecidas do río.

A meu compañeiro de paseos verdes cando lle da por falar da morte non para; e ista vez daba risa velo tirarlle pedras os corvos, coma de rapaz, porque...

- Tran a morte; cando se rín así de nós e que tran a morte...

A fantasía de Guillermo non ten límites, pero vese as veces superada por algún personaxe ou personaxes que nos saen o paso no noso traxecto por as verdes terras de Ames, un concello que honra o seu nome polo faladora que resulta a sua xente.

O chegar a Lens ese día Guillermo atopou as suas amigas desta parroquia, que agardaban polo autobús... Unha delas, creo que lle chaman Asunción, dixolle:

- Guillermo, se te pos enfermo que non te leven o Clínico, porque seica os que mandan queren acabar cos vellos; que din que mandaron poñer as inxeciós da morte para matarnos a todos os que poidan...

Pasei eu media hora tentando convencer a aquelas señoras de que non hai goberno que faga tal falcatruada, pero respostáronme dicindo que a nova viña de boa tinta, porque unha daquelas mulleres tiña una filla que era amiga da prima da limpiadora da cafetería do Clínico; e que a rapaza sabía escoitar.

Non as convencín pero, de regreso hacia Oca, ía pensando que os políticos non deberían falar tan alegremente das pensións, para non espertar a inocencia desta nosa xente do rural, que ainda recorda aquela guerra, a fame que pasaron, a masiva emigración, e... ¡Seica todo principiou porque os políticos falaban da crise...!

Vai sendo hora de que os que nos gobernan, sin mentiras, conten a xente que vai ser das suas pensións, que nin os que voltaron de Suiza están seguros de que poidan vivir delas nun par de anos e non che digo nada os galizanos.

O chegar a Oca, onde tiñámolo coche, Guillermo sentenciou...

- Matar non nos mataran pero foder hannos foder...

Michael Moore tería temas de abondo nesta Galicia nosa para seu próximo documental. Non hai que esquecer que case a metade da población do país vive no rural... e, moitísimos, da sua miserable pensión.

Ós vellos no nos matarán cunha inxeción letal, coma fixeron os nazis cos xudeos, pero a este paso sí os matarán de fame...
Rodríguez, Xerardo
Rodríguez, Xerardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES