//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios veñen de asinar o acordo marco que permitirá ás entidades locais adherirse á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural. Desde principios de xaneiro e ata mediados de febreiro os municipios do rural interesados poderán realizar a solicitude de adhesión a través da Fegamp. As entidades locais interesadas en adherirse deberán presentar un proxecto, que inclúa información de zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura así como a posta a disposición dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación e o compromiso de abordar a acometida eléctrica.
O proxecto BlueBiolab ten como finalidade a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá a captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación.
O proxecto BlueBiolab ten como finalidade a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá a captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación, así como crear redes de coñecemento conxunto con potencial de transferencia ao sector produtivo.
Un total de 22 proxectos ou pemes conformarán a primeira selección de incubación de BioIncubatech, a incubadora de alta tecnoloxía da USC para o fomento da innovación e transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes. De xeito practicamente inmediato iranse incorporando ás instalacións do Edificio Emprendia da USC. O proxecto, que conta coa colaboración de Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago, está financiado pola Fundación Incyde na súa convocatoria 2018 de Incubadoras de Alta Tecnoloxía para o fomento da Innovación e a transferencia de tecnoloxía a micropemes (Fondos FEDER) e cofinanciado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Nesta infraestrutura, cuxo coste ascende a preto de 5 millóns de euros -1,57 millóns licitados a través da compra pública innovadora-, conflúen tres aspectos básicos imprescindibles para o desenvolvemento das operacións: seguridade, instrumentación e supervisión da operación, completando o CIAR que conta cunha área de 313 hectáreas, cunha pista de 1.200 metros de longo e 45 de largo e cun hangar de 40x40 metros. Deste xeito, e grazas ás infraestruturas desenvoltas, Rozas ofrecerá un servizo integral innovador e completo para a realización de ensaios de plataformas aéreas.
Redes colaborativas, consorcios e hubs de referencia internacional, dedicados ao descubrimento temperán de fármacos, analizan en Santiago de Compostela novas oportunidades e estratexias para o desenvolvemento deste sector chave no impulso da biotecnoloxía. O grupo BioFarma organiza este encontro en calidade de nodo coordinador das redes. O obxectivo da xornada é a reflexión conxunta para manter e mellorar a colaboración eficiente dos investigadores españois entre si, cos doutros países europeos e nas estruturas supranacionais, apunta Mabel Loza, coordinadora do grupo BioFarma.
Celebrouse en Lugo a xornada final de selección dos seis proxectos que entrarán a formar parte da segunda edición da aceleradora Business Factory Aero (BFAero), iniciativa que permite reter e atraer talento cara a Lugo e cara a Galicia desenvolvendo así un novo ecosistema de emprendemento e de innovación en torno ao sector aeroespacial. Neste sentido, dos seis novos proxectos escollidos, cinco deles proceden de empresas e startups galegas, e un ten a súa orixe en Barcelona. En total, das doce iniciativas que participan nas dúas edicións da aceleradora, nove teñen orixe en Galicia, e outros tres en Madrid, Barcelona e Valencia. Estes proxectos permitirán que desde Lugo e desde Galicia se sigan impulsando solucións innovadoras vinculadas aos vehículos non tripulados e ao sector aeronáutico.
O Hub Datalife conformará unha rede conectada de coñecemento, infraestruturas ou tecnoloxía, entre outros, para situar no seu núcleo a Intelixencia Artificial (IA) e a analítica de datos, e que ten como ámbitos de aplicación a bioeconomía, a sustentabilidade e a saúde. Máis de sesenta entidades, entre empresas, asociacións e outros centros de coñecemento, integran esta asociación que será presentada nun acto público no mes de xaneiro, e que aspira a impulsar o valor de Galicia como biorrexión europea de referencia. Ás tecnoloxías nucleares do Hub engádeselles de xeito natural a Internet das cousas, a computación de altas prestacións e a ciberseguridade.
O proxecto europeo Bac-To-Fuel, coordinado polo profesor da USC Manuel Arturo López Quintela, desenvolverá unha planta prototipo que producirá biocombustible avanzado mediante o uso de bacterias xeneticamente melloradas para converter o CO2, xunto con hidróxeno renovable, nun biocombustible renovable e respectuoso co medio ambiente. López Quintela pertence ao grupo de investigación NANOMAG. O proceso consta de dúas fases, que conforman unha folla biónica, que imitará a fotosíntese. No primeiro paso do proceso, utilizaranse nanomateriais innovadores (Atomic Quantum Clústers, ou AQCs) para imitar o proceso natural da fotosíntese mediante o uso de luz solar directa e augas residuais, para obter hidróxeno renovable.
Celebrouse hoxe unha Xuntanza de Dinamizadores CeMIT baixo o lema Traballando no Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, destinada aos axentes TIC da Rede de Aulas CeMIT de toda Galicia, que tiveron a oportunidade de expoñer os seus proxectos e intercambiar ideas. Dende os seus inicios en 2011, a Rede CeMIT planificou máis de 370.000 horas de formación en TIC en diferentes niveis e, actualmente, conta con máis de 90.400 usuarias e usuarios rexistrados. Ao longo de 2020 está previsto superar os 96.000 usuarios e realizar máis de 35.000 horas de formación e 2.500 actividades. Cabe destacar o incremento no acceso a internet entre os maiores de 55 a 64 anos, que creceu 15 puntos, só no último ano.
O equipo UVigo Aerotech, formado por alumnado do campus de Ourense, principalmente da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, xa está en Alemaña para competir na Air Cargo Challenge 2024, un dos certames máis importantes de aeronaves de competición. Farao co seu novo dron, MIR-10, froito de todo un curso de traballo colectivo no seu deseño, fabricación e ensamblaxe.
Unha xornada de traballo reuniu a 30 relatores de 9 países no XII Taller Internacional sobre Intelixencia Artificial: Novos Paradigmas en Informática Biomédica, organizado polo CITIC e o Grupo de Investigación Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos -Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico (RNASA - IMEDIR) da UDC, xunto con Biofarma e IKERDATA. Este evento tivo lugar de forma simultánea na UDC, a USC e a UPV.
Seis investigadoras referentes, seis retos e seis olladas de futuro. Así é a segunda edición da serie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando, un proxecto posto en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar no que investigadoras de diferentes ámbitos do medio mariño contan a súa visión e experiencia ante novos retos de futuro.
O CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, ultima os preparativos da VII edición do seu Annual Meeting, que terá lugar os días 18 e 19 de xullo, co obxectivo de reunir anualmente a científicos e científicas de todo o mundo para compartir a súa experiencia e poder actualizarse nos últimos avances en Química, Bioloxía, Medicina e saúde.
O CICA da Universidade da Coruña inaugurou unha exposición de pezas impresas en 3D que representan as liñas de investigación do centro. A asociación de estudantes da UDC, UDCBIGBANG, promoveu a iniciativa este ano, logrando recompilar o traballo dos grupos de investigación do centro e representalo a través de 38 pezas que quedarán expostas de forma permanente no CICA.
A Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) a través do grupo de traballo da Sectorial de Secretarías Xerais, acolle este xoves 20 e o venres 21 as III Xornadas de delegados e delegadas de Protección de datos de Universidades Españolas.
La tecnológica lucense NOAINNOVA lanza un novedoso programa de formación en Inteligencia Artificial. Este programa está diseñado para potenciar los conocimientos y habilidades necesarios para liderar en un mundo donde la relación humano-máquina está transformando el futuro de las empresas.
O Congreso Español de Informática (CEDI) reúne durante estes días na Coruña ao redor de 1.100 profesionais. Trátase dun foro para promover sinerxías de investigación, institucionais e empresariais, brindando a oportunidade de establecer relacións de colaboración e intercambiar coñecementos científicos e tecnolóxicos.
O proxecto Nature FIRST, no que participa 3edata, está a xerar solucións innovadoras para a monitorización da biodiversidade. A empresa de base tecnolóxica presentou en Frascati (Italia), no marco do Seminario sobre crimes ambientais e o papel das novas tecnoloxías de observación da Terra, as súas últimas achegas para esta investigación no eido da cartografía de hábitats en espazos protexidos.
O uso de intelixencia artificial para mellorar as entrevistas forenses con vítimas infantís, as pegadas dixitais que deixan os traficantes de persoas ou as formas de afrontar as ciberagresións son algúns dos temas que se abordarán desde este mércores 12 ata o venres 14 de xuño na 19 Conferencia da Academia Internacional de Psicoloxía Investigativa, que terá lugar na Facultade de Psicoloxía compostelá.