Noticias

Creado BlueBiolab, un laboratorio transfronteirizo de excelencia en biotecnoloxía mariña que reúne a institucións científicas de Galicia e Norte de Portugal

O proxecto BlueBiolab ten como finalidade a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá a captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación.

O Instituto de Acuicultura da USC participa no proxecto BlueBiolab, cuxa finalidade será a creación dun laboratorio transfronteirizo de excelencia científica en biotecnoloxía mariña e que permita avanzar na opimización do uso de infraestruturas de investigación. O seu traballo estará orientado a dar resposta a algúns do grandes retos aos que se enfronta a sociedade e o medio ambiente a través do estudo dos recursos mariños prestando especial atención a súa explotación sustentable. O proxecto está incluído no Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 co financiado con fondos FEDER.

Ademais da optimización e fortalecemento das infraestruturas de investigación, BlueBiolab permitirá captación e formación de novo persoal investigador, buscando a mobilidade entre centros de excelencia da área de cooperación, así como crear redes de coñecemento conxunto con potencial de transferencia ao sector produtivo e maior capacidade de proxección máis alá das fronteiras do territorio.

A Universidade de Minho acolleu a celebración da primeira reunión de seguimento do proxecto na que participan sete entidades galegas e do norte de Portugal: as tres universidades galegas e a do Minho, o Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC , o Instituto Español de Oceanografía e o Centro de Investigaçao Marinha e Ambiental-CIIMAR.

R., 2019-12-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES