
Aplicamos técnicas de intelixencia artificial e aprendizaxe automática para que 'unha máquina' sexa capaz de delimitar coas imaxes de satélite e outros moitos datos as superficies de cada hábitat que logo conformarán un plano ou mapa destes hábitats, identificando automaticamente cal é cada un deles no polígono ou superficie cartografada, explican dende a spin off da USC no Campus de Lugo. Isto xera un aforro de custos, de tempo e mellora na organización dos datos, así como a posibilidade de avaliar parámetros de estado de conservación dos hábitats do espazo protexido. Ademais desta ferramenta, o equipo tamén automatiza a identificación de cambios no territorio, por exemplo cortas forestais, xerando alertas e informes sobre estes cambios no tempo, todo isto aplicando imaxes de satélite, ou de aeronaves ou drons da propia empresa 3edata, nacida no Campus Terra da USC.
Ritmo alarmante
A diminución da biodiversidade é un dos problemas máis urxentes que enfronta a humanidade, explican dende o proxecto. A biodiversidade abarca a variedade e variabilidade da vida na Terra: todos os animais, plantas, fungos e microorganismos que traballan xuntos para formar os diferentes ecosistemas que existen. Lamentablemente, a medida que exercemos cada vez máis presión sobre o planeta, a biodiversidade está a diminuír a un ritmo alarmante, matizan.
Para abordar eficazmente a perda de biodiversidade, os esforzos de conservación da natureza deben basearse nun coñecemento profundo do que a está causando, xunto con que estratexias son efectivas para fins de conservación e restauración. En suma, precísase comprender mellor por que e onde está a diminuír a biodiversidade e cales son os principais factores causantes. Neste senso, o proxecto Nature FIRST aborda a recolección e procesado de datos en campo; o recoñecemento automático de especies, persoas ou vehículos con cámaras de fototrampeo incluíndo alertas ao xestor do espazo; xemelgos dixitais de procesos animais, como o movemento do oso pardo, empregando a cartografía xerada por 3edata; ou a aplicación de semántica de datos.
Boris Hinojo de 3edata, Jan Kees de Sensing Clues, Janka Faller e Linda van Duivenbode de dotSPACE, Ondrej Koporec do Presidium da Policía (Eslovaquia), así como Gemma Prieto e Tania de la Fuente da Unidade Central Operativa Medioambiental do SEPRONA (UCOMA-SEPRONA) foron os encargados de presentar os resultados preliminares do proxecto en Italia.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.