//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias tecnologia
A Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo lanzan hoxe a primeira convocatoria da High Tech Auto (HTA), a nova incubadora para o sector de automoción que vai complementar o labor da Business Factory Auto (BFAuto) no desenvolvemento de iniciativas innovadoras nun sector estratéxico para Galicia e prioritario dentro da Estratexia Europea de Especialización Intelixente (RIS3). A nova aceleradora de proxectos tecnolóxicos enmárcase no Programa Operativo Plurirrexional de España e conta co cofinanciamento da Fundación Incyde a través dos fondos Feder da Unión Europea. Desde Vigo apoiará proxectos da automoción e da industria auxiliar co obxectivo de validar ideas e tecnoloxías que dean lugar a modelos de negocio innovadores.
A décimo segunda edición de Culturgal conta cun convidado que até o momento só asomara o nariz en anos anteriores. O sector do videoxogo é unha das presenzas novidosas desta Culturgal, que se desenvolve do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Na tarde do venres 29 a I Xornada do Videoxogo quere cimentar un espazo común no que atoparse entre si no sector e atoparse co público. Un foro aberto a todas as persoas interesadas. No recinto feiral, empresas e proxectos destacados expoñen o traballo ao redor do videoxogo en Galicia: stands, demos e presentacións dirixidas a todas as idades. Na 12ª Culturgal, a programación inclúe ademais o sábado 30 e o domingo 1 obradoiros de robótica dirixidos a público infantil.
BioIncubaTech, primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada en proxectos biotecnolóxicos aplicados á saúde e ao sector agroalimentario, recibiu un total de trinta propostas na súa primeira convocatoria. As candidaturas recibidas serán avaliadas pola Comisión de Dirección Operativa desta incubadora tecnolóxica da USC. A saúde é o sector con máis propostas recibidas, 24 proxectos que abranguen un amplo espectro de tecnoloxías e servizos para a prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades. As outras seis restantes pertencen ao sector agroalimentario. Recibíronse un total de 18 propostas para a modalidade de preincubación, seis para a modalidade de incubación e seis, para aceleración, segundo o estadio de desenvolvemento de cada proxecto ou empresa.
Celébranse no Aeródromo de Rozas as xornadas Drone Day: Aplicacións Profesionais dos Drons, unha iniciativa organizada pola multinacional aeronáutica Boeing en colaboración coa Xunta e que se enmarca nas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas do Polo Aeroespacial de Galicia. A finalidade destes talleres é introducir aos estudantes, de xeito dinámico e entretido, no uso e funcionalidades das tecnoloxías vinculadas aos drons e familiarizalos coas súas aplicacións e uso. Esta actividade enmárcase na Civil UAVs Initiative co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a mocidade galega, en especial o interese polas carreiras STEM e o sector aeroespacial.
A Vanguard Initiative for New Growth through Smart Specialisation, na que participa Galicia dende 2015, é unha alianza integrada por 35 rexións das máis industrializadas de Europa co obxectivo de impulsar o crecemento económico e social mediante a cooperación en proxectos de innovación industrial, en ámbitos prioritarios para Europa en base ás Estratexias de Especialización Intelixente das rexións incluídas. O seu traballo articúlase arredor de cinco áreas temáticas que teñen como obxectivo demostrar que a colaboración interrexional baseada na especialización intelixente en certas áreas é un valor engadido para favorecer o crecemento, e así influír na axenda de política industrial Europea, dándolle maior relevancia ao papel das rexións.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizarán o vindeiro domingo a xornada final do programa TechKids, talleres sobre programación, robótica, drons e animación 3D celebrados durante o verán nas Aulas CeMIT de Galicia. A actividade, enmarcada no Programa de Promoción do Talento Dixital de Galicia, está destinada a estimular o talento precoz no ámbito das tecnoloxías da información e comunicacións, así como fomentar o atractivo vocacional de profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova. A organización ten prevista a participación de aproximadamente un centenar rapaces e rapazas de 10 a 17 anos.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe ás aulas Newton como a constatación do compromiso de Galicia coa innovación e o sector aeronáutico que permitirá a máis de medio millar de estudantes da provincia de Lugo alimentar a súa vocación tecnolóxica. Durante o lanzamento do proxecto desde a cidade de Lugo, e que percorrerá toda Europa, Feijóo agradeceu o compromiso de empresas Boeing e First Scandinavia- e administracións -do Concello de Lugo, da Consellería de Educación e da Consellería de Economía- que fixeron posible que esta iniciativa se consolidase, situando a Galicia como un destacado axente educativo.
O evento CyberSec@GAL, que arrincou o luns con xornadas dirixidas a estudantes, clausurouse na Cidade da Cultura de Santiago cun programa centrado na ciberseguridade nas empresas. Inauguraron a xornada o Director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, o Presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e máis a Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Expertos nacionais e internacionais trataron temas coma a estratexia nacional de seguridade e a ciberseguridade na transformación dixital e na peme para superar, desta volta, a falla de recursos e minorar riscos. Promoven este primeiro encontro galego sobre cibersegurirade a Cátedra R en Ciberseguridade (iniciativa das Universidades da Coruña e Vigo e máis R) e o CPEIG.
Preto do 89% dos fogares galegos ten contratado Internet, o que supón un incremento do 7,5% con respecto ao ano 2018, superior ao crecemento do conxunto do Estado (5,8%) e o maior rexistrado desde 2016. O crecemento máis importante prodúcese nos concellos galegos con menor poboación, os de menos de 10.000 habitantes, nos que os fogares conectados pasan dun 74,6% a un 81,2%. Nos espazos urbanos o crecemento na contratación de Internet e da banda larga é superior á do conxunto do estado. Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2019 e analizados polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).
Bioincubatech busca a incubación de micropemes relacionadas co sector biotecnolóxico a partir da creación de empresas de base tecnolóxica así como apoiar a aquelas empresas que precisan mellorar e innovar nos seus procesos no ámbito biotecnolóxico. Para elo, ofrece catro programas: preincubación, dirixido a proxectos en fases iniciais sen inicio de actividade e sen plan de negocio ou cun plan de negocio non validado; incubación, empresas constituídas cun plan de negocio inicial e cun incipiente acceso ao mercado; aceleración, empresas constituídas cun plan de negocio xa desenvolvido e cun acceso ao mercado significativo; e incubación virtual, proxectos en calquera fase de desenvolemento que non precisen aloxamento físico.
O Centro de Estudos Avanzados da USC acolleu o encontro 'Data Science in Fundamental Physics and the bridge to industry & society', organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Neste evento, máis dun cento de persoas puideron coñecer como a ciencia de datos, unha disciplina que está a experimentar un notable crecemento nos últimos anos, achega un grande abano de solucións á sociedade en todo tipo de aplicacións diarias.
Co fin de mellorar a capacidade de reacción da sociedade fronte o cambio climático, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), a través da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat), forma parte dun proxecto europeo para a creación dun consorcio de infraestruturas de investigación. O obxectivo é ofrecer servizos de acceso transnacional e virtual para persoal investigador de todo o mundo que traballa no estudo da mitigación do cambio climático.
Desde este mércores e ata o venres, celébrase na Facultade de Dereito do campus de Ourense un curso no que especialistas dos eidos xurídico e tecnolóxico dialogan sobre o impacto que nos dereitos humanos ten e vai a ter o desenvolvemento imparable da intelixencia artificial. Nel abórdase temas diversos que abranguen desde a protección de menores á discriminación algorítmica.
A UVigo volve converterse en punto de encontro para especialistas internacionais en nanociencia, nanomedicina e nanoquímica. Hoxe arrancou no edificio Miralles a 3ª edición de The Thinking Institute, unha iniciativa do CINBIO, o Centro de investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo coa que se busca converter a Vigo en sede anual dunha xuntanza internacional dos nomes máis destacados do panorama internacional.
A sinerxía entre as categorías de funtores e tensores, a teoría de modelos para módulos e as categorías construtivas en sistemas de control lineal son as temáticas a tratar esta semana na conferencia satélite 'Functor and Tensor Categories, Models and Systems' do Noveno Congreso Europeo de Matemáticas (9ECM), un evento científico que se estenderá ata o 7 de xuño na Facultade de Matemáticas.
O profesor do Departamento de Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña da Universidade da Coruña, José Antonio Orosa García, e Ander Ruiz Zardoya, doutorado pola UDC, acaban de ser galardoados pola revista especializada do ámbito mariño Journal of Marine Science and Engineering (JMSE) (Q1), polo seu artigo 'Methodological Design Optimization of a Marine LNG Internal Combustion Gas Engine to Burn Alternative Fuels'.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrou nas últimas horas a xornada Intelixencia Artificial e detección temperá de doenzas neuropsiquiátricas en persoas maiores, na que se presentaron os resultados do proxecto de investigación Sapiens (Services & Applications for Healthy Ageing).
O Grupo de Tecnoloxía Enerxética, adscrito ao Cintecx, Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, en colaboración cos estaleiros Nodosa e a empresa CT Engineering, está a participar no desenvolvemento dun buque remolcador cero emisións propulsado integramente por hidróxeno verde, un proxecto cuxos resultados poderían supor un significativo avance para a industria naval española no uso da tecnoloxía sostible e ecolóxica.
Crear un espazo distendido de intercambio de ideas no que discutir a ciencia cunha mente aberta. Este é un dos principais obxectivos cos que o catedrático e investigador do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, CINBIO, Luis Liz Marzán pon en marcha a terceira edición de The Thinking Institute, un encontro internacional que contará coa presenza de especialistas de primeiro nivel nos eidos da nanociencia, a nanomedicina ou a nanoquímica.
O 27 de maio de 1999, dúas décadas despois de que se iniciasen na Universidade de Santiago de Compostela as primeiras actividades no campo de física de altas enerxías, a propia USC e a Xunta de Galicia asinaron o convenio de creación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). En 2024, conmemora o seu 25 aniversario convertido xa nun centro de referencia internacional na física de altas enerxías, astropartículas e física nuclear.