Noticias

Nace a campaña 'Máis mulleres informáticas' para fomentar as vocacións TIC femininas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha unha campaña de sensibilización para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as mulleres. A campaña, enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital. A peza principal da campaña é un vídeo de 40”, que se completa con tres colas de 20”, orientado a combater estereotipos e visibilizar as capacidades das mulleres para os estudos de Informática. O vídeo pecha co claim “Máis mulleres informáticas, programadas para que nada nos pare”.

A idea creativa trata de construír unha historia de motivación a través de actitudes e roles relacionados co papel atribuído históricamente á muller e establecendo a partir de aí vínculos con roles técnicos e ligados coa tecnoloxía. É dicir, trátase de utilizar como punto de partida as características emocionais e roles tradicionalmente femininos e, desde eles, facer unha transición natural cara a tarefas e responsabilidades propias do exercicio da enxeñaría informática.

Plan DigiTalent

Entre as actividades do Plan DigiTalent están aquelas orientadas a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos científico-tecnolóxicos, nas que o alumnado feminino apenas se sitúa no 30%, e que se reflicte nas cifras de emprego no sector tecnolóxico, cunha porcentaxe do 31,6% de mulleres.

Ademais, só o 9,7% das mulleres que traballa no sector desenvolve funciones TIC, fronte ao 40,9% dos homes e só o 15,2% das empresas TIC galegas contan con mulleres en postos de dirección, unha porcentaxe soa testemuñal nun tipo de posto onde predomina os homes. Esta situación aínda se acentúa máis cando se analiza o persoal dedicado a I+D+i, no que a presenza de mulleres está no 12,3%.

R., 2019-10-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES