O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Lugo á presentación do proxecto Aula Newton, unha iniciativa educativa elaborada por Boeing coa axuda de First Scandinavia coa representación neste acto de presentación do director xeral europeo de Investigación e Tecnoloxía de Boeing, José Enrique Román - e na que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do concello de Lugo.
Este proxecto pioneiro busca fomentar o coñecemento científico-tecnolóxico entre os máis novos, centrando o seu programa na mellora das habilidades en materias STEM e apostando polo desenvolvemento académico e pola especialización técnica, con especial atención ao ámbito aeroespacial.
A aula, situada na Praza da Horta do Seminario, poderá visitarse a partir do vindeiro 21 de outubro e ata o 10 de novembro, e complementará así a formación de máis de 550 alumnos de Educación Secundaria da comarca. O programa contará con 26 sesións en total, das que xa hai 22 cubertas, con 12 centros educativos xa rexistrados. De feito estudantes e docentes teñen a oportunidade de coñecer a Aula Newton de luns a venres, mentres que estará aberta ao público en xeral os sábados, domingos e festivos. Os alumnos poderán recibir unha forma completamente diferente de aprendizaxe, apuntou Conde.
As aulas Newton, concibidas por Boeing e First Scandinavia, están inspiradas polo concepto innovador da aula descentralizada, composta por un espazo móbil e dotado de simuladores de voo e depósitos expansibles. Estas aulas visitarán agora outros 9 países europeos, sendo a primeira aula móbil que se pon en marcha.
Conde aplaudiu esta fórmula didáctica innovadora, que mellorará as habilidades lectivas dos asistentes, ofrecendo unha formación máis especializada que permita a diversificación, e preparando con garantías de éxito o futura acceso dos alumnos e alumnas ao mercado laboral unha vez rematen os seus estudos Ademais, celebrou o éxito dunha iniciativa que nace do traballo conxunto da iniciativa pública e privada.
Traballo de Boeing en Galicia
O titular de Economía, Emprego e Industria congratulouse, así mesmo, de afianzar os lazos que vinculan a Galicia con Boeing, nun traballo que ten como obxectivo converter á nosa comunidade en referente aeroespacial. Boeing é hoxe un pouco máis galega, sinalou Conde.
As aulas Newton prolongan o traballo da empresa estadounidense no solo galego, ao que hai que sumar o seu labor no Polo Aerospacial de Galicia, onde coa súa participación estanse a mobilizar 11 millóns de investimento e onde se xeran 58 postos de traballo. Neste senso, tamén está colaborando coa universidade de Vigo, desenvolvendo un laboratorio centrado nas actividades aeroespaciais no campus de Ourense.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.