Noticias

O CIA de Rozas pon en marcha a Torre de Control máis avanzada de España e aspira a converterse nun centro de referencia en Europa na certificación de avións non tripulados

Nesta infraestrutura, cuxo coste ascende a preto de 5 millóns de euros -1,57 millóns licitados a través da compra pública innovadora-, conflúen tres aspectos básicos imprescindibles para o desenvolvemento das operacións: seguridade, instrumentación e supervisión da operación, completando o CIAR que conta cunha área de 313 hectáreas, cunha pista de 1.200 metros de longo e 45 de largo e cun hangar de 40x40 metros. Deste xeito, e grazas ás infraestruturas desenvoltas, Rozas ofrecerá un servizo integral innovador e completo para a realización de ensaios de plataformas aéreas.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que coa posta en marcha da Torre de Control de Rozas, a máis avanzada tecnoloxicamente de España, o Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR) aspira a converterse nun organismo de referencia en Europa para a certificación de avións non tripulados.

Durante o acto de inauguración, Feijóo subliñou que nesta infraestrutura, cuxo coste ascende a preto de 5 millóns de euros -1,57 millóns licitados a través da compra pública innovadora-, conflúen tres aspectos básicos imprescindibles para o desenvolvemento das operacións: seguridade, instrumentación e supervisión da operación, completando o CIAR que conta cunha área de 313 hectáreas, cunha pista de 1.200 metros de longo e 45 de largo e cun hangar de 40x40 metros.

Deste xeito, e grazas ás infraestruturas desenvoltas, Rozas ofrecerá un servizo integral innovador e completo para a realización de ensaios de plataformas aéreas. Non en van, a tecnoloxía implementada permitirá ofrecer ás empresas servizos de alta cualificación como un centro de seguridade e control de voo.

Ao longo da visita, o presidente da Xunta aseverou que con esta torre de control dáse un novo pulo a un sector aeroespacial que no último ano medrou un 8% e que hoxe está formado por 40 empresas e máis de 1.200 profesionais. “E o noso compromiso é seguir apoiando este polo aeroespacial con máis de 15 millóns incluídos nos orzamentos do vindeiro ano”, confirmou, co obxectivo de seguir impulsando o crecemento económico de Galicia a través dun sector cun elevado grao tecnolóxico, atraer investimento á Comunidade e crear emprego especializado.

Como proba deste compromiso, Feijóo lembrou que as administracións –o Goberno galego, ademais do Ministerio de Ciencia e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial- xunto a máis de 50 empresas e centros de coñecemento están a desenvolver máis de 35 proxectos. As empresas tractoras de primeiro nivel –Indra, Babcock e Boeing- achegan máis de 75 millóns e do orzamento total que ascende a 165 millóns, máis de 96 millóns xa están executados; e máis de 382 persoas traballan nesta iniciativa, baixo a previsión de que haxa 500 traballadores altamente cualificados traballando.

Avances concretos

En relación aos avances concretos, o responsable do Goberno galego referiuse a fitos como o avión Targus de Indra e a dous helicópteros non tripulados –Lua e Lumes- de Babcock; á primeira embarcación marítima non tripulada que está en proceso de autorización pola Mariña Mercante e que está desenvolvendo Indra e a Universidade de Vigo; ao dispositivo Lifeseeker, creado por Centum para a localización de persoas desaparecidas e que poderá empregarse en plataformas aéreas; á creación do primeiro banco de motores de drons no CTAG, no que se ensaiaron os motores do Lua; e ao programa de Boeing que achegará solucións para o impulso definitivo dos drons permitindo compatibilizar o tráfico aéreo tripulado e o non tripulado.

Así mesmo, Feijóo subliñou que a nova Torre de Control enmárcase dentro do Programa de infraestruturas da Civil UAVs Initiative, que contén a maiores outros programas como: o Programa de I+D, dotado con 115 millóns para desenvolver 22 proxectos polos socios tecnolóxicos; o Programa Solucións, para incorporar solucións baseadas en vehículos non tripulados á xestión pública nun prazo máximo de dous anos para dar resposta a retos como a xestión forestal ou a saúde cardiovascular no Camiño; o Programa Emprendemento e Talento, coa creación dunha aceleradora sectorial, a Business Factory Aero, para promover a atracción, nacemento e desenvolvemento de pequenas e medianas empresas; ou o Programa de vocacións científico-tecnolóxicas, dirixido a promover a vocación dos máis novos, a través da Aula Newton, impulsada por Boeing.

O presidente da Xunta concluíu recordando que Galicia lidera a utilización da compra pública innovadora para fomentar a innovación a través da contratación pública de bens e servizos que permitan mellorar a atención aos cidadáns. De feito, no período 2014-2020 a Comunidade segue en condicións de liderar este proceso con 110 millóns en execución.

Como exemplo, referiuse ao Simulador U-Space, que aportará solucións aos retos de seguridade identificados na elaboración da regulación deste sector co que se contribúe á eliminación das barreiras de acceso ao espazo aéreo dos vehículos non tripulados. Un proxecto que está en execución.

R., 2019-12-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES