
Estes novos materiais sub nanométricos poden lograr producións de hidróxeno a prezos competitivos ao permitir un proceso escalable e eficiente. No segundo paso, o hidróxeno producido no paso anterior é alimentado nun biorreactor xunto con CO2 en bruto e bacterias modificadas xeneticamente mediante CRISP-CAS, para obter biocombustibles avanzados e adecuados ao sector do transporte.
Este novo proceso, cando se implemente, podería favorecer que Europa se sitúe á cabeza mundial no competitivo mercado da produción de biocombustibles respectuosos co medio ambiente, afirman dende o consorcio. O proxecto financiado con 3 millóns de euros por parte da UE, tamén inclúe un centro tecnolóxico belga (VITO), unha empresa española (NANOGAP), e as universidades de Lancaster (Reino Unido), Wageningen (Holanda) e a Universidade Técnica de Berlín (Alemaña).
Descarbonizar o sector do transporte
Os biocombustibles desenvolverán un papel importante na substitución dos combustibles fósiles líquidos, en particular para aqueles modos de transporte que non poden electrificarse aínda. A produción e o uso de biocombustibles pode proporcionar beneficios tales como unha maior seguridade enerxética, a redución da dependencia das importacións de petróleo e a redución da volatilidade dos prezos do petróleo. Ademais, os biocombustibles de nova xeración tamén poden apoiar o desenvolvemento económico mediante a creación de novas fontes de ingresos. Espérase que o consumo convencional e avanzado de bioetanol e biodiésel aumente en toda a Unión Europea, impulsado polo aumento das taxas de incorporación prevista por cada estado membro, sinalan dende o consorcio.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.