
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe o Festival IKFEM, centrado na música relacionada co piano e os instrumentos de teclado, e que celebra a súa 13ª edición do 16 ao 20 de xullo en Tui e Valença do Minho co apoio da Xunta de Galicia.
Así, o director xeral de Cultura, destacou a cita trasfronteiriza que une o talento artístico da península con actuacións especiais como a das galegas Fillas de Cassandra con Milhanas ou a participación de Antonio Orozco con Caixason. Ademais, enxalzou tamén a iniciativa como ponte de unión e reforzo de lazos entre Galicia e Portugal, enriquecendo unha oferta cultural de calidade aos dous lados do Miño.
Neste senso, en Valença do Minho celébranse as dúas primeiras xornadas do festival. Na primeira delas, terá lugar a Gala Caixason, co cantautor español Antonio Orozco e a portuguesa Rita Rocha. Na segunda, na Fortaleza, o concerto conxunto de Milhanas e as galegas Fillas de Cassandra.
Xa en Tui, na alameda de Santo Domingo estará o día 18 o pianista e escritor James Rhodes, mentres que ao día seguinte, no paseo da Corredera, celébrase a final do concurso Novas Ondas Sonoras, onde seis novos talentos galegos e portugueses loitarán polo trofeo. Xa na derradeira xornada e como despedida, actuará no Teatro Municipal o saxofonista Perico Sambeat acompañado pola Orquestra Jazz de Matosinhos, un concerto único que reúne a dous referentes do jazz en España e Portugal.
Ademais, o festival, enmarcado dentro da campaña de verán da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Para gustos, cultura, que conta con máis de 3.400 iniciativas de 40 tipoloxías diferentes, ofrece actividades complementarias como os diálogos con artistas, o Foro CaixaSon ou un curso sobre metodoloxía musical impartido por Paco Borro, director da Agrupación Musical Inclusiva do Teatro Real.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.