Noticias

O grupo BioFarma impulsa unha xornada para establecer sinerxías no descubrimento temperán de fármacos

Redes colaborativas, consorcios e hubs de referencia internacional, dedicados ao descubrimento temperán de fármacos, analizan en Santiago de Compostela novas oportunidades e estratexias para o desenvolvemento deste sector chave no impulso da biotecnoloxía. O grupo BioFarma organiza este encontro en calidade de nodo coordinador das redes. “O obxectivo da xornada é a reflexión conxunta para manter e mellorar a colaboración eficiente dos investigadores españois entre si, cos doutros países europeos e nas estruturas supranacionais”, apunta Mabel Loza, coordinadora do grupo BioFarma.

O encontro permite escoitar de primeira man as visións doutros países, as iniciativas europeas e da industria, á vez que identifica as oportunidades e expón accións conxuntas de forma eficiente.

Neste senso, a Rede Galega de I+D de Medicamentos REGID, participante no foro, pretende xerar sinerxías e unha masa crítica que permita a transferencia do alto nivel de investigación biomédica en Galicia. Regid é actualmente unha rede consolidada e estruturada con 36 grupos de investigación constituídos en 30 unidades de investigación independentes procedentes das tres universidades do sistema galego, os tres complexos hospitalarios universitarios de Galicia e de universidades do norte de Portugal.

Pola súa parte, a Rede Temática de descubrimento de fármacos REDEFAR conecta a experiencia internacional en I+D aplicada ao descubrimento temperán de fármacos de dez equipos multidisciplinares e complementarios españois entre os que se atopa a USC. Esta Rede permite a coordinación, cohesión, fortalecemento e visibilidade das capacidades españolas en descubrimento de fármacos e leva a cabo a súa conexión internacional..

A Rede Estratéxica ES- OPENSCREEN está formada polos grupos das entidades españolas acreditadas polo ERIC EU-OPENSCREEN, entre as que tamén se atopa a USC, e diríxese á consolidación e posicionamento estratéxico do nodo español na rede ERIC EU- OPENSCREEN. A Xunta de Galicia co financia a participación galega neste consorcio europeo. A importante presenza española no Consorcio Europeo ERIC EU- OPENSCREEN “supuxo un salto cualitativo nas capacidades españolas e nas súas posibilidades de colaboración internacional”, subliña Mabel Loza. “Con todo, os orzamentos para redes nestes anos foron limitados, o que condiciona o avance da ciencia disruptiva cara á súa aplicación”, engade. A reunión conta tamén co apoio institucional da Xunta de Galicia no marco da Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía de Galicia e a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3).

R., 2019-12-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES