//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Xunta de Galicia puxo en marcha a plataforma PRESENTES.gal, unha ferramenta pública destinada a visibilizar o talento feminino galego e facilitar a presenza de mulleres expertas nos espazos de debate, coñecemento e divulgación. Impulsada pola Consellería de Política Social e Igualdade, esta iniciativa constitúe a maior comunidade dixital de mulleres profesionais de Galicia, co obxectivo de facilitar que organizadores de eventos, institucións, empresas ou medios de comunicación poidan localizar referentes femininos nos distintos ámbitos profesionais.
Galicia rexistrou nos meses de decembro, xaneiro e febreiro o inverno meteorolóxico máis húmido do último cuarto de século. A precipitación media ascendeu ata os 800 litros por m2. Uns valores cuxo precedente máis recente se remonta aos anos 2000-01 e que supoñen un incremento do 81% respecto ao habitual neste período. Así, foi o cuarto inverno máis chuvioso da serie histórica. En concreto, decembro non tivo unha anomalía de choiva moi notable, pero xaneiro e febreiro foron meses moi húmidos con anomalías do 98% e do 160% superiores aos valores normais nestes meses, respectivamente. En canto ás temperaturas, vivimos un inverno cálido, aínda que foi bastante máis frío que os dous anteriores.
Dancingalicia está aberto a grupos, solistas, dúos e tríos e abrangue disciplinas como a danza clásica -ballet clásico, neoclásico e repertorio-, lírica -danza contemporánea, lírica e jazz lírico-, fusión -jazz, show-dance, baile moderno, etc.- e acro, modalidade na que predominan os elementos acrobáticos dentro da coreografía. A organización prevé que a edición de 2026 supere as cifras de participación e asistencia de anos anteriores.
A 11ª edición do Singular desenvolverá 16 actividades ao longo de 24 días, con 12 espectáculos, dos que sete corresponden a compañías galegas, tres a formacións do resto do Estado e dous son propostas internacionais. O certame comezará o 6 de marzo coa función de El hijo de la cómica, da produtora Pentación, que se presenta como estrea en Galicia, e continuará ao longo do mes cunha carteleira na que conviven nomes recoñecidos do panorama estatal con creación galega e internacional. Incorpora unha segunda estrea na nosa Comunidade, Sahara, da compañía canaria Unahoramenos. A programación inclúe tamén dúas estreas en España: o espectáculo Ser humana, da actriz e dramaturga uruguaia Angie Oña; e Girasoles para María, da compañía da creadora cubana Gretel Cazón.
A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial sitúase no 10 % na semana 7 do ano, que rematou o día 15 deste mes. Na semana recollida no informe, observouse un descenso da taxa de consultas no grupo dos menores de dous anos. En canto ás hospitalizacións, rexistráronse dous ingresos no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 pero non se produciu ningunha hospitalización nos lactantes menores de dous meses. Nestes grupos, a cobertura da inmunización fronte ao VRS é do 92,6 % no caso dos bebés que son vacinados nos hospitais galegos ao nacer dentro das datas da campaña e do 95,3 % para os nados fóra de campaña.
A Mesa Sectorial do Ensino, conformada polas organizacións sindicais CIG, CC.OO., ANPE e UGT-SP Ensino, analizou esta mañá o decreto de oferta pública de emprego e a orde de convocatoria das probas das oposicións deste ano. Son un total de 1.601 prazas en 42 especialidades e, tal e como explicou o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, as probas comezarán o 20 de xuño, unha vez remate o curso. Deste xeito, a previsión é que todos os exames estean rematados o 19 de xullo.
A taxa de positividade do virus respiratorio sincitial continúa a descender e sitúase no 8,7 % na semana 6 do ano, que rematou o día 8 deste mes, tal e como recolle o informe semanal de seguimento deste virus que publica a Consellería de Sanidade. Na semana recollida no informe, observouse un descenso da taxa de consultas no grupo dos menores de dous anos, agás no dos menores de dous meses no que a taxa aumentou un 50,6 %. En canto ás hospitalizacións, rexistrouse un ingreso no grupo de nados entre abril e setembro de 2025 e producíronse tres hospitalizacións de lactantes menores de dous meses.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade considera que a onda estacional de gripe xa finalizou, ao manterse durante dúas semanas consecutivas o nivel basal de intensidade. O departamento sanitario galego vén de publicar, na súa páxina web, o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á quinta semana do ano, que rematou o día un deste mes.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou no mes de xaneiro unha precipitación media un 98% superior aos valores habituais neste período. En concreto, a precipitación media acumulada na Comunidade para a serie histórica 1961-2026 foi de 290 l/m2, o que, segundo os datos rexistrados en 16 estacións meteorolóxicas representativas, supón case o dobre dos valores climáticos normais. Deste xeito, pode considerarse un mes moi húmido e, de feito, foi o oitavo xaneiro máis húmido desde que hai rexistros.
Galicia vén de pechar o ano 2025 cunha taxa abandono escolar do 10,4%, o que supón 0,4 puntos menos que o ano anterior e coloca á nosa Comunidade 2,4 puntos por debaixo da media estatal (que é do 12,8%), polo que se sitúa entre as autonomías cun mellor resultado neste eido. Así pois, no último ano Galicia reduciu o dobre que o Estado esta variable que mide a porcentaxe de persoas entre 18 e 24 anos sen titulación superior á ESO. No que atinxe aos datos por sexos, a taxa é case o dobre no caso dos homes que das mulleres (13,5% fronte a 7,2%), polo que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP establece medidas especiais no Plan FPGal360 para actuar neste colectivo.
Co financiamento do Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab desenvolve un proxecto centrado en promover os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 a escala local. Con ese obxectivo, traballan na creación dunha plataforma que permita un seguimento da implantación destes obxectivos en toda España.
O vindeiro sábado o Aquarium Finisterrae acollerá a VIII Feira Científica Isabel Zendal, organizada polo grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña UDCiencia xunto cos Museos Científicos Coruñeses. Trátase dunha xornada de divulgación científica dirixida a todos os públicos, que combinará talleres participativos, xogos e actividades experimentais arredor da ciencia e o mar.
A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo acollerá o vindeiro 29 de xaneiro de 2026, ás 19:00 horas, a proxección do documental 'La mili en el Sáhara', unha obra que recupera o testemuño daqueles mozos que realizaron o servizo militar no Sáhara durante a etapa da presenza española no territorio. O acto terá lugar no Edificio da Xunta de Galicia, situado na Ronda da Muralla, 70 (Lugo), e está aberto ao público ata completar aforo.
Galiciencia, a maior feira científica da nosa comunidade, está promovida desde 2006 polo Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole -sociedade participada pola Xunta de Galicia-. Diríxese ao alumnado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato; co fin de favorecer o talento innovador e emprendedor entre a mocidade. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria.
Abordar o réxime da dixitalización é unha obriga para a negociación colectiva galega, e unha tarefa que pode atopar dificultades ao ser tratada en solitario polos axentes sociais en cada sector, polo que 'convén dotala do maior apoio institucional posible'. Esta é a primeira das recomendacións que se realizan no informe sobre a dixitalización nos convenios colectivos de sector galegos.
Investigadoras da UVigo, do grupo HC1 e de Ecobas participan en Limoges (Francia) na xuntanza de socios do proxecto europeo RuralSilverHubS, que . ten como obxectivo promover a economía rural a través da innovación social, dixital e emprendedora. Traballarán na coordinación e no avance do desenvolvemento do proxecto, para abordar tres retos comúns no espazo Sudoe.
A UVigo conmemora o Día Europeo da Mediación, que se celebra cunha xornada dirixida a afondar nos principios e ferramentas deste proceso. Trátase dun evento virtual, promovido pola Cátedra Unesco Educación Transformadora, a Comisión PEA-Unesco da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e a Conferencia Universitaria Internacional para el Estudio de la Mediación y el Conflicto.
O día 6 de febreiro o Campus Remoto da Universidade de Vigo acollerá a celebración dunha nova edición de Expouniversitas. Forum de Innovación e Investigación Educativa. Nela alumnado e persoal docente e investigador das diferentes titulacións e campus da UVigo presentará traballos realizados no marco da programación de grao, posgrao e doutoramento, como traballo fin de estudos, teses ou proxectos de innovación docente.
O ano 2025 supuxo un punto de inflexión para a Rede CRUSOE, que afianzou o seu posicionamento no ámbito da investigación e a cooperación universitaria no Arco Atlántico europeo. Ao longo do exercicio, a Rede alcanzou fitos estratéxicos que consolidan o seu crecemento, a súa proxección internacional e a súa capacidade de influencia no deseño de políticas académicas e territoriais. Un dos principais avances do ano foi o impulso decisivo cara á creación dunha macrorrexión do Arco Atlántico.
A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC) acollerá os vindeiros días 28 e 29 de xaneiro a II edición de ParlaCoruña, unha simulación do Congreso dos Deputados que se desenvolverá ao longo de dúas tardes e que ofrecerá ao alumnado unha experiencia práctica arredor do funcionamento das institucións parlamentarias. A través do traballo en distintas comisións, as persoas participantes debaterán cuestións de actualidade que afectan á vida cotiá, recreando procesos reais de negociación e toma de decisións políticas.