Noticias

O festival Singular chega á súa 11ª edición na promoción do monólogo teatral

A 11ª edición do Singular desenvolverá 16 actividades ao longo de 24 días, con 12 espectáculos, dos que sete corresponden a compañías galegas, tres a formacións do resto do Estado e dous son propostas internacionais. O certame comezará o 6 de marzo coa función de El hijo de la cómica, da produtora Pentación, que se presenta como estrea en Galicia, e continuará ao longo do mes cunha carteleira na que conviven nomes recoñecidos do panorama estatal con creación galega e internacional. Incorpora unha segunda estrea na nosa Comunidade, Sahara, da compañía canaria Unahoramenos. A programación inclúe tamén dúas estreas en España: o espectáculo Ser humana, da actriz e dramaturga uruguaia Angie Oña; e Girasoles para María, da compañía da creadora cubana Gretel Cazón.

O Festival Internacional Singular do Monólogo Teatral celebrou hoxe a presentación ante os medios da súa 11ª edición, que terá lugar do 6 ao 29 de marzo no Pazo da Cultura de Narón cunha vintena de propostas escénicas e actividades centradas no xénero. O encontro, que supera así unha década de celebración, vén contando nos últimos anos co apoio da Xunta para a promoción dos formatos escénicos unipersoais.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude subvencionou as pasadas edicións do Singular a través da liña de axudas a festivais de artes escénicas que xestiona a Axencia Galega das Industrias Culturais. O director desta entidade, Jacobo Sutil, participou esta mañá na rolda de prensa xunto cos demais representantes institucionais e demais representantes do equipo organizador e institucións implicadas no proxecto.

Na súa intervención, Sutil salientou que Singular “contribúe a consolidar o monólogo como un formato con enorme capacidade de conexión co público e cun percorrido artístico e profesional que Galicia está a fortalecer desde hai anos”. Subliñou, ademais, que festivais como este “son ferramentas estratéxicas para apuntalar o sector, ampliar oportunidades de distribución e favorecer a presenza das artes escénicas galegas en redes e circuítos internacionais”.

Así mesmo, puxo en valor o traballo do concello naronés a prol da difusión cultural en iniciativas en común coa Xunta de Galicia, como a actividade continuada como escenario destacado da Rede Galega de Teatros e Auditorios ou as sinerxías creadas na súa escola municipal de teatro, que repercuten en todo o ámbito escénico galego.

Carteleira internacional e galega

A 11ª edición do Singular desenvolverá 16 actividades ao longo de 24 días, con 12 espectáculos, dos que sete corresponden a compañías galegas, tres a formacións do resto do Estado e dous son propostas internacionais. O certame comezará o 6 de marzo coa función de El hijo de la cómica, da produtora Pentación, que se presenta como estrea en Galicia, e continuará ao longo do mes cunha carteleira na que conviven nomes recoñecidos do panorama estatal con creación galega e internacional. Incorpora unha segunda estrea na nosa Comunidade, Sahara, da compañía canaria Unahoramenos.

Xunto a estas novidades, a programación inclúe tamén dúas estreas absolutas en España, coa chegada ao certame do espectáculo Ser humana, da actriz e dramaturga uruguaia Angie Oña; e mais a montaxe Girasoles para María, da compañía da creadora cubana Gretel Cazón, reforzando o perfil internacional do festival e a súa capacidade para achegarlle ao público galego producións de procedencias diversas.

Outra das claves que determina o interese artístico do Singular é a defensa e difusión do traballo das compañías galegas e, de maneira moi especial, das montaxes unipersoais creadas e/ou protagonizadas por mulleres. Deste xeito, será posible gozar de propostas de referentes do país como Marta Alonso, Bea Campos ou Mariña Lestón.

A carteleira para a infancia tamén terá cabida con catro pezas de creadoras galegas e obras que camiñan por temáticas como a memoria, os coidados e o respecto á diferenza. Marián González, Alba Bermúdez, Atenea García e Marta Ortiz son as súas protagonistas.

Encontros entre profesionais

A cita medra cada ano no que respecta ao seu compromiso directo co desenvolvemento de proxectos, xa que participa como coprodutor dalgunhas propostas ao longo das súas edicións, co que contribúe ao impulso tanto do tecido creativo galego como do talento local.

Así mesmo, o festival reforza a súa dimensión profesional cunha programación paralela centrada na formación, o encontro sectorial e a internacionalización. Nesta edición inclúense tres accións formativas impartidas por Noemí Rodríguez, Esther Carrodeguas e Angie Oña, ademais dun encontro arredor dos festivais internacionais de artes escénicas e unha rolda de negocios para favorecer o contacto entre axentes da xestión cultural e as compañías galegas. Acollerá tamén unha asemblea da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas, REDELAE.

R., 2026-02-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES