
De feito, a iniciativa empeza a dar os primeiros froitos, pois a taxa entre os varóns diminuíu 1,5 puntos con respecto aos 15 puntos rexistrados en 2024.
Cómpre sinalar que, malia subas puntuais, Galicia mantén unha senda continuada de descenso nesta taxa desde o 25,8% rexistrado no ano 2009. É dicir, a redución ao longo dos últimos 15 anos é de máis de 15 puntos.
Novas vías formativas
O obxectivo é continuar traballando para minoralo o máximo posible, incorporando para iso novidosas vías formativas inéditas no Estado como a FP Acelerada, reforzando a FP Básica, implementando programas de orientación profesional e vocacional xa desde a última etapa de Primaria ou poñendo en marcha accións específicas dirixidas a colectivos específicos como os novos galegos chegados do exterior, entre outros.
Outro dos grandes eixos de actuación da Xunta para combater en adiante o abandono escolar será o proxecto EdugalIA, que incorporará a intelixencia artificial á xestión e avaliación educativa para mellorar o éxito escolar e reducir esta taxa.
Este proxecto, cun orzamento de 16,5 M e que se licitará esta semana, converte a Galicia en pioneira en España no desenvolvemento dun programa específico para usar a IA á hora de reducir o abandono e a mellorar a xestión dos centros. É, de feito, o primeiro proxecto de Compra Pública Innovadora realizado en España, o que lle permitiu captar 9,9 M procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027, a través dunha axuda concedida polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ao abeiro da Liña de Fomento de Innovación desde a Demanda (Liña FID).
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.