
Dirixido e guionizado por Alberto M. Flechoso, o documental dá voz aos veteranos que viviron aquela experiencia no deserto, combinando testemuños persoais con imaxes de arquivo e fotografías históricas. A película propón unha reflexión sobre unha parte pouco coñecida da historia recente, marcada pola dureza do contexto, a convivencia entre soldados e a pegada vital que deixou aquela etapa nas súas vidas.
'La mili en el Sáhara' é unha produción de Atrevida Docufilms e está organizada pola Asociación de Veteranos do Sáhara, coa colaboración da Subdelegación de Defensa en Lugo. A iniciativa conta co apoio institucional da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, que invita á cidadanía a asistir á estrea.
A proxección pretende contribuír á recuperación da memoria histórica e á difusión dun relato colectivo que forma parte da experiencia de toda unha xeración.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello 'aprobou hoxe a nova Estratexia de internacionalización das empresas galegas, con horizonte 2028, e dotada de máis de 160 millóns de euros'. Este orzamento supera nun 54 % o da Estratexia 2021-2025. O obxectivo, tal e como resaltou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, 'é que cada vez máis empresas galegas vendan fóra, que o fagan de forma estable e cheguen a novos mercados'. A nova folla de ruta poñerá especial interese, segundo explicou o presidente, 'en dous destinos que ofrecen grandes oportunidades como é China e os países de Mercosur'.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do Grupo de Traballo de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), celebrada na Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, e na que participaron representantes de rexións de España, Francia, Italia e Bélxica. O encontro serviu para debater o documento 'Visión 2040: renovar hoxe para asegurar o mañá', elaborado por Galicia xunto coa Secretaría Xeral da CRPM, que recolle a valoración das rexións sobre a estratexia da Comisión Europea para a pesca e a acuicultura e as súas prioridades para o futuro da Política Pesqueira Común (PPC).