Noticias

Galicia pide en Bruxelas unha revisión específica da PPC e que as rexións teñan voz nas decisións sobre o futuro da pesca

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do Grupo de Traballo de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), celebrada na Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, e na que participaron representantes de rexións de España, Francia, Italia e Bélxica. O encontro serviu para debater o documento 'Visión 2040: renovar hoxe para asegurar o mañá', elaborado por Galicia xunto coa Secretaría Xeral da CRPM, que recolle a valoración das rexións sobre a estratexia da Comisión Europea para a pesca e a acuicultura e as súas prioridades para o futuro da Política Pesqueira Común (PPC).

Villaverde lembrou que a Comisión presentou a Visión 2040 o 20 de outubro e que os ministros debatérona onte no Consello de Agricultura e Pesca, no que participou representando ás comunidades autónomas. 'Hoxe tócanos a nós, ás rexións, dicir que pensamos e que imos facer con ela', afirmou.

Unha revisión acotada da PPC

A CRPM, que reúne máis de 100 rexións marítimas, comparte coa Comisión o diagnóstico e obxectivos de cara a 2040, pero discrepa sobre como acadalos. Mentres a Comisión aposta por aplicar mellor o marco vixente, as rexións consideran imprescindible unha revisión específica do Regulamento de base da PPC. O documento pide unha folla de ruta lexislativa a finais de 2026 ou principios de 2027, unha proposta no primeiro semestre de 2027 e a revisión concluída antes de que remate o actual mandato institucional da UE.

Segundo o documento acordado, esa revisión debería centrarse na obriga de desembarque, na capacidade pesqueira e en establecer controis proporcionados. 'Non é debilitar a protección ambiental nin reabrir toda a PPC. Mantemos o enfoque ecosistémico e a mellor ciencia', precisou a conselleira.

A valoración apunta tamén a outras tres carencias: unha transición xusta que non quede en mans do mercado, unha financiación que achegue polo menos os mesmos recursos que o período actual no marco financeiro plurianual 2028-2034 e un papel real das rexións e do sector nas decisións, non só na execución. Villaverde lembrou que, aínda que o 63 % das poboacións avaliadas pescábase a niveis sostibles en 2022 (o 50 % en 2014), a rendibilidade do investimento da frota europea foi só do 4,6 % en 2023.

O debate das rexións

No debate, as rexións achegaron a visión dos seus territorios, centrados en asuntos relacionados coa pesca artesanal, a cadea mar-industria, a acuicultura ou a etiquetaxe dos produtos importados.

Na segunda parte da xornada participaron representantes do sector, como Europêche, de asociacións medioambientais, como a Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento (EBCD), e da Federación Europea de Traballadores do Transporte (ETF), que se centrou en aspectos de seguridade e benestar a bordo dos buques.

Próximos pasos

A Secretaría Xeral da CRPM recollerá as achegas das rexións e das organizacións e enviará unha versión revisada do documento. A conselleira pediu que, mentres tanto, cada rexión manteña contactos cos seus respectivos Estados membros, buscando reforzar a mensaxe.

Villaverde sinalou que 'para quen vivimos de preto a pesca, o 2040 non é un número nun documento. É se unha moza ou un mozo dos nosos portos ten motivos para quedar e comezar unha vida de traballo no mar', concluiu.

R., 2026-11-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (internacionalizacion-01.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello 'aprobou hoxe a nova Estratexia de internacionalización das empresas galegas, con horizonte 2028, e dotada de máis de 160 millóns de euros'. Este orzamento supera nun 54 % o da Estratexia 2021-2025. O obxectivo, tal e como resaltou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, 'é que cada vez máis empresas galegas vendan fóra, que o fagan de forma estable e cheguen a novos mercados'. A nova folla de ruta poñerá especial interese, segundo explicou o presidente, 'en dous destinos que ofrecen grandes oportunidades como é China e os países de Mercosur'.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu hoxe a reunión do Grupo de Traballo de Pesca da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), celebrada na Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, e na que participaron representantes de rexións de España, Francia, Italia e Bélxica. O encontro serviu para debater o documento 'Visión 2040: renovar hoxe para asegurar o mañá', elaborado por Galicia xunto coa Secretaría Xeral da CRPM, que recolle a valoración das rexións sobre a estratexia da Comisión Europea para a pesca e a acuicultura e as súas prioridades para o futuro da Política Pesqueira Común (PPC).

Notas

El 2 de diciembre de 2026, en la Sala de Exposiciones Eduardo Chicharro de la Asociación Española de Pintores y Escultores (AEPE), calle Infantas, 30- 2º de Madrid, tendrá lugar el acto de inauguración de la exposición que bajo el título de 'De maestría y ternura', nos mostrará la obra del que fuera escultor socio de la entidad, Eduardo Rodríguez Osorio.
Un equipo do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía da UDC creou unhas nanofibras que poden montarse e desmontarse mediante estímulos químicos. O traballo resolve unha das dificultades que presenta o deseño de biomateriais: conseguir que as súas moléculas se organicen de forma precisa e que esa organización poida modificarse desde o exterior.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES