
Estes datos débense a que este período se caracterizou pola continua chegada de borrascas desde o océano Atlántico, sendo Francis, Goretti, Ingrid e Joseph as que máis afectaron á Comunidade. Así, as dúas últimas motivaron mesmo a activación de avisos vermellos. No caso de Ingrid, os días 22 e 23, foi no mar, mentres que as precipitacións causadas pola borrasca Joseph provocaron a activación dese aviso no interior de Pontevedra por acumulación o día 26. Neste caso foi, ademais, a primeira vez que MeteoGalicia activou un aviso vermello por precipitacións na Comunidade.
Máis polo miúdo, os acumulados máis altos rexistráronse nas serras litorais e, sobre todo, no oeste e suroeste da provincia da Coruña con valores de entre 550 e 700 l/m2. En contraste, a menor cantidade de precipitacións por debaixo dos 100 l/m2, rexistrouse en zonas de val do leste da provincia de Ourense.
Pola contra, as temperaturas non presentan anomalías moi significativas. A temperatura media para a serie rexional foi de 8,3 grados, 3 décimas por riba do valor habitual segundo os datos rexistrados en once estacións meteorolóxicas representativas. Estes rexistros fan que este mes de xaneiro se poida considerar normal en canto ás temperaturas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.