
O éxito de GaliciaDigital é especialmente notable na provincia de Lugo, onde asinou 102 acordos, situándose no TOP 1% dos axentes dixitalizadores con maior volume da zona. A súa presenza esténdese tamén con forza á Coruña (26 acordos) e Pontevedra (10 acordos).
Especialistas en visibilidade online
A nivel nacional, a entidade destaca pola súa especialización en Sitio Web e Presenza na Internet, categoría na que se sitúa no TOP 3% dos axentes con máis acordos asinados en toda España.
A capacidade de xestión de GaliciaDigital reflíctese no seu tempo medio de resposta: só 24 días desde a validación ata a resolución administrativa. Por sectores, o maior impacto concentrouse en:
- Comercio e Hostalaría: 45 empresas beneficiadas.
- Servizos financeiros e xurídicos: 27 empresas.
- Micro-pemes (0-3 empregados): Representan o groso da súa actividade con 95 beneficiarios.
O Kit Digital é un programa de axudas do Goberno de España, subvencionado polos fondos europeos Next Generation EU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que ten como obxectivo conseguir un avance na dixitalización de pemes e autónomos que pertenzan a calquera sector ou tipoloxía de negocio. Os beneficiarios reciben unha axuda directa cuxa contía depende do volume da empresa, e que se pode empregar nun amplo abanico de solucións dixitais ofrecidas por unha serie de Axentes Dixitalizadores Adheridos, é dicir, empresas autorizadas para a prestación destes servizos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.