Notas de prensa

Aberta a convocatoria da 6ª edición de PONTES (Semana do Cinema Galego e Portugués)

Pontes – Semana do Cinema Galego e Portugués abre o prazo de inscrición para a súa sexta edición, que se celebrará en Vigo durante o mes de outubro de 2026. A convocatoria, está dirixida a curtametraxes e longametraxes producidos en Galicia, por creadores galegos ou creadores de calquera dos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Organizado por Abella Producións, o festival consolidouse como un espazo de referencia que promove o diálogo intercultural entre Galicia e países como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea‑Bissau, São Tomé e Príncipe, Timor Leste e Guinea Ecuatorial
As inscricións son completamente gratuítas , do 8 de abril e ata o 13 de xullo de 2026, cineastas de Galicia e dos países da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) poderán presentar as súas obras a través da plataforma Festhome.

Tras o éxito da V edición, que reuniu curtametraxes e longametraxes, en estrea en Galicia e España, incluíndo a premiada película brasileira O Agente Secreto, de Kleber Mendonça Filho, unha premier internacional e a presenza de realizadores de Galicia e Portugal, o festival consolídase como un espazo de encontro cinematográfico entre Galicia e o mundo lusófono.

Poderán concorrer obras audiovisuais producidas en Galicia, Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde, Guinea‑Bissau, São Tomé e Príncipe, Timor Leste e Guinea Ecuatorial, así como aquelas realizadas por cineastas galegos ou lusófonos, independentemente do lugar de produción.

Pontes – Semana do Cinema Galego e Portugués, 2026-04-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

O físico Francis Halzen (Tienen–Bélxica, 1944) galardoado este martes co premio Nobel de Física 2026 mantén dende hai case 40 anos unha estreita colaboración co persoal do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta, e cuxo comité asesor actualmente preside. Halzen conseguiu o galardón polas contribucións decisivas ao observatorio de neutrinos IceCube e polo descubrimento de neutrinos de alta enerxía de orixe astrofísica
A pesca artesanal galega está a responder de forma máis activa aos impactos do cambio climático, mentres o marisqueo a pé presenta unha situación especialmente vulnerable e unha menor capacidade de resposta. Esta é unha das principais conclusións do proxecto Atac, Adaptación e Transformación da Pesca Artesanal ao Cambio Climático, liderado polo grupo de investigación Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES