
Esta actividade permitirá reforzar competencias clave como a oratoria, a capacidade de negociación, o pensamento crítico e o traballo en equipo.
Na organización desta iniciativa participan profesorado e alumnado dos graos en Relacións Internacionais, Xestión Industrial da Moda, Administración e Dirección de Empresas e Economía, promovendo así unha experiencia transversal e colaborativa entre distintas titulacións da UDC.
ParlaCoruña conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Cátedra Jean Monnet Dereito da Unión Europea dos océanos: novos escenarios xurídico-marítimos, de Mara Fachado Abogados, do Colexio de Economistas da Coruña e do establecemento Sicilia in Bocca.
Como peche da actividade, as persoas participantes poderán realizar unha visita institucional á Deputación da Coruña, así como asistir a unha cea de grupo.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.