//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A choiva é un elemento moi característico dos tempos e do clima en Galicia, onde moitas localidades non lembran ningún día seco desde finais de outubro e as previsións apuntan a que as precipitacións continuarán ao longo de todo o mes de novembro, unha situación que provocará que moitas localidades superen os seus récords de xornadas chuviosas consecutivas. Estas e outras curiosidades pluviométricas en Galicia aparecen recollidos na obra Os tempos e o clima en Galicia, un volume do que son autores dos profesores de Xeografía Física da USC Alberto Martí e Dominic Royé, xunto co meteorólogo Juan Taboada e o xornalista Xavier Fonseca.
As sociedades laborais constitúen a segunda familia máis importante da economía social no noso país. Unha fórmula empresarial na que as persoas se sitúan no centro, baseada nos principios da democracia participativa, o traballo en equipo e a colaboración. A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) traballa desde hai dez anos pola promoción, consolidación e a prol da defensa dos intereses dese xeito de facer empresa que demostra a súa utilidade para xerar emprego estable, de calidade e a favor da igualdade. E é que a presenza de mulleres neste eido é cada vez maior.
Ábrese o mércores o proceso para a implantación de graos universitarios abertos o vindeiro curso 2020-21 nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG). As universidades dispoñen de prazo desde mañá ata o 31 de xaneiro para preparar as súas propostas para a súa aprobación e elevación á Conferencia General de Política Universitaria. Con esta iniciativa novidosa en Galicia, búscase por unha banda incrementar a flexibilidade nos estudos universitarios e ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros anos de vida universitaria.
As actividades programadas no marco desta semana galega da prevención comezaron xa durante a fin de semana, coa XLIII Carreira popular de San Martiño, en Ourense, dentro da campaña Separar con Xeito, que busca fomentar entre a cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como unha oportunidade para conseguir beneficios ambientais e económicos a través dunha correcta separación e reciclaxe dos mesmos. Ao longo dos próximos días celebraranse tamén talleres formativos no marco do Programa de compostaxe escolar, unha iniciativa pioneira que arrancou a comezos deste curso.
Coa aprobación da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, Galicia convértese nunha das comunidades de España pioneiras en contar cunha folla de ruta para loitar contra o cambio climático, coa vontade de facer desta unha causa de todos. Neste obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2050, conforme ás directrices europeas, é imprescindible o papel de varios axentes: a comunidade investigadora, fundamental para deseñar solucións de cara á unha transición gradual e xusta; a sociedade, apostando pola sensibilización, a formación e a educación; e os concellos, fomentando a adhesión a iniciativas como o Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía, que suma xa máis de 150 municipios.
Estes premios pretenden recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que teñan contribuído á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero. Xornalistas Galegas, xunto con Sara Vila e Montserrat Dopico recibirán o premio na categoría para profesionais do xornalismo e Uxía Castro, Lucía Parrilla del Río e Silvia López na de alumnado universitario. En ambas modalidades, seleccionáronse os mellores traballos segundo criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo dende a perspectiva de xénero.
Trátase dunha mostra expositiva itinerante que rende homenaxe ao traxe tradicional galego e onde se mesturarán máis de 200 variedades de camelia con pezas como mantóns, panos, zapatos, capelinas, dengues, San Cosmeiros ou cofias. Como novidade, tamén se incluirán varios traxes do Ballet Rey de Viana. Esta exposición é posible grazas ao traballo dos máis de 20 coleccionistas galegos que presentarán na mostra as súas flores cultivadas. Tras o seu paso por Santiago de Compostela, a 'Camelia de Galicia-Traxe galego, unha parella perfecta' porá en valor a cultura galega, a natureza e os atractivos que a Ruta da Camelia ofrece a través das súas doce paradas por toda a xeografía galega.
A Fundación Juana de Vega entregou o seu Premio de Intervencións na Paisaxe, que busca poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio. No acto, que tivo lugar na sede de Oleiros, estiveron presentes a o director do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Guillermo Evia; o presidente da Fundación, Enrique Sáez, e a secretaria do xurado, Inés Santé. Ao acto acudiron tamén representantes institucionais, como apoio aos proxectos ganardonados e os seus autores, procedentes dos Ancares, Vilagarcía de Arousa e Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura organiza para o vindeiro sábado 23 de novembro #CulturaLike, unha xornada que reunirá no Gaiás dous divulgadores culturais que están a triunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista, con máis de 40.000 só na canle de Twitter. Esta xornada amosará como os contidos culturais tamén espertan o interese dunha audiencia de masas e tamén son capaces de converterse en trending topic nas redes sociais. O encontro busca demostrar como estas ferramentas en liña poden servir de aliadas perfectas para difundir a arte fóra dos espazos museísticos, rachando coas canles de acceso tradicionais e permitindo espallar e democratizar sen lindes físicos ou académicos contidos e coñecementos culturais.
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal resultou galardoada polo seu proxecto de intercambio cultural Nortear co premio transfronteirizo Sail of Papenburg, que concede cada ano a Asemblea Xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE).É a terceira ocasión que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal recibe este recoñecemento. A primeira vez foi en 2007, en conxunto coa rexión do Alto Rin, polo Servizo de Estudos do Eixo Atlántico; e a segunda en 2012 foi concedido á AECT polo seu traballo na homologación e equivalencia dos títulos de estudos de Formación Profesional e certificacións que se aplican a ambos lados da fronteira entre Galicia e Portugal.
A capital galega reúne a expertos no congreso Propter magnare creatus. Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a península Ibérica para afondar na vinculación entre gastronomía, lingua e literatura, así como na contribución destes factores á construción dunha cultura europea compartida.
O Grupo Compostela de Universidades (CGU) deu por finalizadaen Castelló a súa asemblea xeral coa entrega do XX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia a CIRCOM Rexional, a Asociación Profesional de Televisións Públicas Rexionais de Europa formada por máis de 300 canles de 30 estados europeos.
Os prazos da matrícula nos que solicitar as prazas e os descontos do 50% en 10 titulacións no Campus de Lugo son: 21-23 de setembro, 11-14 e 19-21 de outubro. Máis información en www.deputacionlugo.gal, www.paraestudarlugo.com e www.usc.es.
Durante a súa estadía en Galicia, ademáis desta clase maxistral a alumnos e profesores, protagoniza tamén un encontro con catorce cociñeiros galegos que contan nos seus restaurantes con produtos da cociña xaponesa. Así mesmo, imparte un relatorio-obradoiro de cociña con profesionais do sector e profesores e alumnos das escolas de hostalería de Galicia.
Recortes Cero Grupo Verde organizó un debate en la Praza do Toural de Santiago de Compostela, el viernes 16 de septiembre, con Adrián Martínez, médico ambientalista, profesor y miembro de la Coordinadora Estatal de Recortes Cero, y Camilo Cores, jefe del servicio 061 de Pontevedra y candidato de la coalición. En el debate estará intervendrán Pastora Fernández, candidata a la Presidencia de la Xunta, y Sara Puga, cabeza de lista por A Coruña.
O proxecto ten como obxectivo mellorar a posición do Sistema Universitario de Galicia como axente de cooperación ao desenvolvemento a través do fortalecemento das capacidades da comunidade universitaria galega para pór en marcha actuacións en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento e educación para o desenvolvemento.
Nove grupos que representan a outros tantos carnavais tradicionais galegos percorrerán a partir das 13.00 horas as principais rúas do casco histórico compostelán. Trátase dunha oportunidade única para contemplar de xeito conxunto os personaxes dos principais entroidos galegos. Preto de 250 personaxes procedentes de toda Galicia participan neste acto.
A Deputación de Ourense co-organiza a proba, xuntamente co Concello de Nogueira de Ramuín e co Club de Montaña Cuevas Grupo Nogueira Trail, que consta de dúas modalidades: trail de 24 km, e trail de 50 km.
Leiceaga mantivo unha reunión con representantes da Academia Galega do Audiovisual, na que falaron da necesidade dunha nova lei que se axuste á situación actual dun sector no que a modernización tecnoloxica é constante, con novos medios e novas categorías profesionais. A lei vixente ten 17 anos.
Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Artesanía de Galicia, que ten por obxectivo o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector, e para o que ven de publicarse no DOG a liña de axudas por máis de 190.000 euros para 33 obradoiros, 11 concellos e tamén para a Asociación Galega de Artesáns.