
O xurado destacou desta asociación a súa promoción dos valores de tolerancia, diversidade e integración, así como o seu importante rol na promoción da identidade europea. Durante o acto de entrega a presidenta de CIRCOM, Tone Kunst, puxo en valor a importancia que a transmisión de valores ten no traballo en rede desta asociación, da que son parte máis de 10.000 xornalistas. O seu secretario xeral, Fernando Ojea, anunciou que a contribución económica do premio 6.000 euros foi concedida ao Consello de Europa para facilitar a participación de mozos sirios no campamento de paz que organizan cada verán, no que se promove o diálogo intercultural entre a mocidade de diferentes países.
A xuntanza, á que asistiu o reitor Juan Viaño, foi tamén escenario dos premios da primeira edición do Research Pitches Contest organizado pola Universitat Jaume I, que tras esta edición piloto se estenderá o próximo ano a todas as universidades membro do CGU. A terceira edición dos Diálogos Compostela en Educación e a segunda edición dos Compostela Café, ambos os dous centrados na ética na educación superior e nos seus procesos de internacionalización, completaron o programa destas xornadas académicas que reuniron máis de 60 representantes dunha trintena de institucións de educación superior.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.