Noticias

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal recibe o premio 'Sail of Papenburg' polo Proxecto Nortear de intercambio cultural

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal resultou galardoada polo seu proxecto de intercambio cultural Nortear co premio transfronteirizo “Sail of Papenburg”, que concede cada ano a Asemblea Xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE).É a terceira ocasión que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal recibe este recoñecemento. A primeira vez foi en 2007, en conxunto coa rexión do Alto Rin, polo Servizo de Estudos do Eixo Atlántico; e a segunda en 2012 foi concedido á AECT polo seu traballo na homologación e equivalencia dos títulos de estudos de Formación Profesional e certificacións que se aplican a ambos lados da fronteira entre Galicia e Portugal.

Desta volta, o traballo premiado da AECT foi o proxecto europeo Nortear, levado a cabo en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Cultura do Norte de Portugal. Esta iniciativa basease na vontade dos organismos implicados de fomentar o coñecemento mutuo e promover a cooperación e a colaboración multicultural transfronteiriza coa difusión da cultura de Galicia e da rexión Norte de Portugal.

O proxecto conta con diferentes actividades con vistas a un maior coñecemento mutuo a través da cultura, da literatura e da creación artística en ambos os dous territorios, impulsando a expansión e o coñecemento do tecido artístico e creativo, así como estimulando dinámicas de colaboración entre os axentes culturais deste espazo de cooperación.

Unha das súas actividades é o premio Nortear, que xa vai pola súa quinta edición, e que permite que a mocidade galega e portuguesa cree vínculos entre as dúas literaturas. Cada ano este premio recoñece obras literarias orixinais de Galicia e Portugal co obxectivo de incentivar a produción literaria entre as xeración máis novas e favorecer a circulación e distribución de obras literarias para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

A Asemblea Xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) outorga anualmente o premio “Sail of Papenburg” para recoñecer aos mellores programas, proxectos e accións no ámbito da cooperación transfronteiriza e que podan considerarse exemplos de boas prácticas. Ademais, serve para galardoar ás rexións fronteirizas e transfronteirizas por contribuír de forma activa a fortalecer as relacións nas fronteiras europeas.

Na convocatoria deste ano presentáronse 21 candidaturas de todas as rexións transfronteirizas de Europa. Ademais do proxecto Nortear, da AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, o xurado, integrado por expertos independentes de recoñecido prestixio no mundo da cooperación transfronteiriza, recoñeceu o labor de tres finalistas: os proxectos presentados polas Eurorrexións DNL (Holanda -Alemaña), Bothnian Arc (Suecia -Finlandia) e Pirineos Mediterráneo (España-Francia).

A ARFE é unha organización europea nacida en 1971 coa finalidade de representar os intereses do cento de rexións europeas que a integran, así como promover a cooperación interrexional e o intercambio de información e experiencias á hora de afrontar problemas comúns para estas áreas.

R., 2019-11-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES