
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe a súa intención de sacar adiante unha nova lei para o audiovisual galego, comprometéndose ao diálogo co sector para a súa redacción, o que facilitaría o consenso no Parlamento.
O noso obxectivo é incrementar un 20% os postos de traballo no sector en catro anos, asegurou o candidato socialista, que para iso considera necesario potenciar os creadores xóvenes e recuperar as axudas, a través dunha liña de financiamento, para producións audiovisuais. Temos que involucrar o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras, para o que é necesaria a implicación da Xunta, engadiu.
Son propostas concretas e asumibles, Feijóo non sabemos que propostas ten, afirmou Leiceaga, que lembrou o contrato asinado por Feijóo en febreiro de 2009 con catorce compromisos, dos que doce están incumpridos e dous cumpriunos parcialmente: a austeridade e menos impostos, pero só os baixa en época electoral.
O incumprimento do seu programa é flagrante; se Feijóo fose o xerente dunha empresa que funcionase por obxectivos estaría despedido e sería un despido procedente, rematou.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.