Noticias

As mulleres gañan peso nas sociedades laborais galegas e supoñen case o 50% das persoas socias

As sociedades laborais constitúen a segunda familia máis importante da economía social no noso país. Unha fórmula empresarial na que as persoas se sitúan no centro, baseada nos principios da democracia participativa, o traballo en equipo e a colaboración. A Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL) traballa desde hai dez anos pola promoción, consolidación e a prol da defensa dos intereses dese xeito de facer empresa que demostra a súa utilidade para xerar emprego estable, de calidade e a favor da igualdade. E é que a presenza de mulleres neste eido é cada vez maior.

Se no 2009 o 35% das persoas socias eran mulleres, o pasado ano esta porcentaxe aumentaba ata o 41%, moi preto dese equilibrio tan xusto e necesario do 50%, segundo datos recollidos no Libro Branco da Economía Social en Galicia.

A nivel global, na comunidade, as sociedades laborais xeran case 2600 postos de traballo, 2597 exactamente, tal e como indica o citado estudo. Un modelo empresarial que cobra especial forza no sector servizos, ao que pertencen case o 78% destas empresas, e que nos últimos tempos está a gañar terreo no sector agrario, o que pon de manifesto a importancia de optar por modelos de emprendemento de corte social no eido rural.

En Galicia, o conxunto de empresas amparadas baixo esta fórmula facturan uns 360 millóns de euros ao ano, segundo datos da Xunta de Galicia.

R., 2019-11-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES