Notas de prensa

Santiago acollerá o desfile promocional dos Entroidos de Interese Turístico de Galicia

Nove grupos que representan a outros tantos carnavais tradicionais galegos percorrerán a partir das 13.00 horas as principais rúas do casco histórico compostelán. Trátase dunha oportunidade única para contemplar de xeito conxunto os personaxes dos principais entroidos galegos. Preto de 250 personaxes procedentes de toda Galicia participan neste acto.

O casco histórico da cidade de Santiago de Compostela será escenario o sábado día 10 de setembro do III Desfile promocional do Entroido da comunidade galega, un acto organizado por Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións e institucións que representan os carnavais declarados de interese turístico no territorio galego.

Este é o terceiro ano que o departamento de Turismo da Xunta desenvolve un desfile destas características, co obxectivo de promover e difundir os valores dunha das festas máis tradicionais da comunidade galega.

Deste xeito, os cidadáns galegos, turistas e peregrinos que se atopan en Galicia estes días terán unha oportunidade única de contemplar de xeito conxunto os personaxes dos principais entroidos galegos.
Participantes

Nesta ocasión, desfilarán en Santiago oito grupos que representan a outros tantos entroidos declarados de interese turístico e ademais participará como convidado o Entroido Ribeirao, de Chantada.

Así, este ano estarán en Santiago, ademais do Entroido de Chantada, os de Verín, Xinzo de Limia, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Maceda, Cobres, Manzaneda e A Ulla.

O III Desfile promocional do Entroido de Galicia partirá ás 13.00 horas da Praza do Obradoiro, cun percorrido polas rúas e prazas Fonseca, Vilar, Toural, Cantón do Toural, Nova, Xelmírez, As Praterías, para rematar na Praza do Obradoiro, onde se concentrarán todos os participantes.

Nesta edición do Desfile promocional do Entroido de Galicia está previsto que participen preto de 250 personaxes procedentes de toda Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-09-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES